close
Saltar ao contido

Cardedeu

Cardedeu
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
 Nome oficial
Cardedeu (ca) Editar o valor en Wikidata
Características
 Lingua oficial
Implicados
 Xefe do goberno
Cargo: alcalde de Cardedeu Editar o valor en Wikidata
Josep Quesada (2023 - )
Calamanda Vila Borralleras (en) Traducir (2008 - 2015)
Enric Olivé i Manté (en) Traducir (2015 - 2023) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Capital
Cardedeu (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
19.046 (2025)
17.533 (2013)
17.427 (2012)
17.241 (2011)
16.897 (2010)
16.596 (2009)
16.102 (2008)
15.775 (2007)
15.561 (2006)
15.018 (2005)
14.514 (2004)
13.167 (2002)
13.870 (2003)
12.635 (2001)
17.698 (2014)
17.938 (2015)
18.158 (2016)
18.210 (2017)
765 (1717)
1.085 (1787)
1.693 (1857)
1.644 (1860)
1.489 (1877)
1.494 (1887)
1.533 (1900)
1.671 (1910)
1.843 (1920)
2.477 (1930)
2.504 (1936)
2.596 (1940)
2.621 (1945)
2.619 (1950)
2.814 (1955)
3.156 (1960)
3.895 (1965)
5.017 (1970)
6.114 (1975)
7.240 (1981)
8.017 (1986)
9.074 (1991)
18.165 (2018)
18.357 (2019)
18.424 (2020)
18.609 (2021)
18.785 (2022)
19.023 (2023)
19.064 (2024) Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   9.400 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   8.957 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Número de fogares
88 (1553)
64 (1497)
84 (1515) Editar o valor en Wikidata
 Orzamento
   21.113.717,73 € (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   12,1 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   193 m Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
   UTC+01:00 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal08440 Editar o valor en Wikidata
Código INE08046 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap344067 Editar o valor en Wikidata
VIAF236588200 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/03m6rvv Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX451907
Wikidata C:Commons

Cardedeu é un municipio español, pertencente á provincia de Barcelona, en Cataluña. Forma parte da comarca do Vallès Oriental e está situado a 37 km de Barcelona e a 7 km de Granollers.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
BERJAYA
O Montseny desde Cardedeu

A cidade atópase en plena depresión Prelitoral Catalá, entre a cordilleira Litoral e o macizo do Montseny. O termo municipal está travesado polo arroio de Vallforners, coñecido popularmente como arroio de Cànoves, afluente do río Mogent, que á súa vez o é do Besòs. O punto máis elevado do municipio, de 305 metros sobre o nivel do mar, atópase preto da ermida de Sant Hilari, no noroeste do termo municipal. O punto de menor altitude, de 193 metros, atópase no val do río Mogent, ao sur do municipio. A altitude media da poboación é de 193 m. O termo municipal ten unha extensión de 12,89 km², a lonxitude máxima de norte a sur é de 6,3 km, e de leste para oeste de 3,7 km.

A localidade limita ao norte cos municipios de Cànoves i Samalús e con Sant Pere de Vilamajor, ao leste limita con Sant Antoni de Vilamajor, ao sueste con Llinars del Vallès, ao sur con La Roca del Vallès e ao oeste con les Franqueses del Vallès.

Demografía

[editar | editar a fonte]

A poboación de Cardedeu creceu enormemente desde a década de 1960, ata chegar a quintuplicar a poboación. A mellora das infraestruturas e as comunicacións con Barcelona permitiu que moita xente que traballaba na capital situase a súa residencia en Cardedeu.

Evolución demográfica
1900193019501970198120002010
1.5332.4772.6195.0177.24012.07816.897

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]

Algúns monumentos e lugares de interese son: A Creu do Terme, a Igrexa de Cardedeu (século IX), a Capela románica de Sant Corneli, a Torre Lligé, actualmente sede do concello, o cemiterio, que ten mostras de arte modernista, o museo-arquivo Tomàs-Balvey, a Torre Granés Espinach (1891) e o Teatro Esbarjo.

Destaca con todo o dolmen megalítico de Pins Rosers que se atopaba no antigo chairo de Pins Rosers ou chairo Marsell, á beira do antigo Camiño Real. Agora forma parte da decoración dos xardíns dunha empresa. O monumento forma un círculo irregular e no seu interior atópase o dolmen central. Está formado por nove monólitos que inicialmente estaban verticais. No Costumari Català de Joan Amades pódese ler unha lenda relativa á orixe deste monumento, na que se conta que as pedras proveñen dun antigo hostal, onde cada noite asasinábase aos clientes cunha guillotina. Un mozo e a criada do local lograron escapar con vida e contar aos gardas o que sucedía, tras o que o edificio foi derruído.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]