Rivers (Ríos) é un dos estados de Nixeria. A súa capital é Port Harcourt. Cunha área de 11.077km2, tiña unha poboación estimada de 6.689.087 persoas no ano 2005. Limita polo sur co océano Atlántico, polo norte cos estados de Anambra, de Imo e de Abia, polo leste co de Akwa Ibom e polo oeste cos estados de Bayelsa e do Delta.
A parte sur do estado está formado por selva tropical; cara á costa a paisaxe típica, debido ao río Delta, é de pantanos de mangleiros.
Rivers formou parte do protectorado británico Oil Rivers desde 1885 até 1893, cando pasou a formar parte do protectorado de Costa de Níxer. En 1900 a rexión foi anexionada cos territorios da Royal Niger Company para formar a colonia de Nixeria Meridional.
O estado foi constituído en 1967, coa división da Rexión Leste de Nixeria. Conseguiu en 1976 as cidades de Ughelli, do antigo estado de Bendel e Opobo de Río Cross.
Até 1996, Rivers contiña a área que agora forma o estado de Bayelsa.
Contén unha ampla gama de grupos étnicos, como son os: abua, andoni, ekpeye, engenni etche, lbani, lkwerre, kalabari, ogba/egbema/ndoni, okrika e ogoni.