Lingua anaang
| Lingua anaang | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Clasificación lingüística | |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||
A lingua anaang, tamén coñecida como ibibio occidental,[1] é unha lingua que forma parte do grupo ibibio-efik. É a lingua nativa do pobo anaang de Nixeria. Segundo o ethnologue, en 1991 tiña 1 400 000 falantes. Segundo o joshuaproject, ten 2 335 000.[2]
O anaang está estreitamente relacionado coas outras linguas ibibio-efik: o efik, o ibibio e o ukwa. As linguas ibibio-efik forman parte da familia das linguas do río Cross, dentro da gran familia de linguas benue-congo.
Os falantes de anaang viven no estado de Akwa Ibom, concretamente nos LGAs Ikot Ekpene, Essien Udim, Abak, Ukanafum e Oruk-Anam.[2]
Dialectoloxía e desenvolvemento da lingua
[editar | editar a fonte]Os dialectos da lingua anaang son o Ikot Ekpene, o Abak e o Ukanafum.[3]
O anaang ensínase en escolas de primaria e é empregado na televisión.[3]
Relixión
[editar | editar a fonte]O 99% dos falantes de anaang pertencen a relixións cristiás. Concretamente, o 33% son seguidores de relixións evanxélicas.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Okon E. Essien, 1986, Ibibio names: their structure and their meanings
- 1 2 3 anaang en joshuaproject.net
- 1 2 anaang en ethnologue.com
