Piovera é un barrio pertencente ao distrito de Hortaleza, na cidade de Madrid (España). A súa poboación é de 13.740 habitantes.
O barrio é unha área que creceu de forma pouco ordenada, e por fases, con edificacións de moi diferentes características e densidades. Nalgúns lugares completamente faltos de coordinación entre si, podéndose atopar chalés individuais xunto a edificios en altura.
Neste barrio, atópase un amplo abanico de servizos como centros comerciais (El Corte Inglés do Campo de las Naciones) ou colexios (Colexio Santa María da Hispanidade, Colexio Bristol).