Fuencarral-El Pardo
| Fuencarral-El Pardo | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||
Fuencarral-El Pardo[1] é un distrito da cidade de Madrid situado no norte da cidade. Este distrito comprende a antiga vila de Fuencarral, e tamén o Palacio Real do Pardo.
Limita polo norte cos concellos de Hoyo de Manzanares, Colmenar Viejo e Tres Cantos, polo leste cos concellos de San Sebastián de los Reyes e Alcobendas e co distrito de Hortaleza, polo sur cos distritos de Chamartín, Tetuán e Moncloa-Aravaca, polo oeste cos concellos de Las Rozas de Madrid e Torrelodones. Ten unha superficie de 237,84 km² e ten 248.443 habitantes no ano 2023.[2] Anexionáronse ao municipio de Madrid en 1950.[3]
Datos históricos
[editar | editar a fonte]É o distrito de maior extensión. O 90 % do chan corresponde aos montes de El Pardo, Soto de Viñuelas, Valverde, etc.
As zonas urbanas están compostas por varias áreas claramente diferenciadas: o antigo centro urbano de Fuencarral, os desenvolvementos residenciais entre o bordo do distrito de Tetuán e a estrada da Praia (Peñagrande, Barrio de El Pilar, Valdemarín) o casco de El Pardo e as grandes áreas institucionais e industriais da Estrada de Colmenar Viejo.
Os primeiros asentamentos propiamente urbanos prodúcense a partir de 1950 coas promocións privadas de Mirasierra (residencia unifamiliar de clase alta), Barrio de El Pilar, Peñagrande (residencia colectiva destinada a clases populares), xunto con algunhas promocións públicas destinadas á erradicación do chabolismo como La Ventilla ou a UVA de Fuencarral.
Con posterioridade, a partir de 1970 se cualifica socialmente o distrito con promocións como a Ciudad de los Periodistas e La Vaguada.[4]
Barrios
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ "Distrito de Fuencarral-El Pardo (Madrid)".
- ↑ "Características xerais do distrito de Fuencarral-El Pardo". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2024. Consultado o 04 de decembro de 2024.
- ↑ "DECRETOS de 10 de agosto y 10 de noviembre de 1950 por los que se aprueba la anexión total de los términos municipales y Ayuntamientos de El Pardo, Vallecas, Fuencarral y Vicálvaro al de Madrid" (PDF) (en castelán). 13 de decembro de 1950.
- ↑ "Datos históricos do distrito de Fuencarral-El Pardo".
- ↑ "Mapa Distrito 8 - Fuencarral-El Pardo" (PDF). xuño de 2022. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de marzo de 2024. Consultado o 04 de decembro de 2024.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Montero Alonso, José; Azorín García, Francisco; Montero Padilla, José (1997). Diccionario de Madrid (en castelán). Madrid: Rubiños. p. 512. ISBN 9788480410946.
- Martínez Canales, Francisco (2018). LA CREACIÓN DEL GRAN MADRID. ANEXIÓN DE MUNICIPIOS LIMÍTROFES (en castelán). Madrid: Rubiños. p. 251. ISBN 9788494047374.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fuencarral-El Pardo |

