close
Saltar ao contido

Maestrazgo, Teruel

Maestrazgo, Teruel
 Nome orixinal
   Maestrazgo (es)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Localización
 Situado en
 Situado na entidade xeográfica
 Capital
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
3.115 (2024)
3.737 Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   1.204,3 km² Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0dlmz0y Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Maestrazgo é unha comarca de Aragón, en España, situada no leste da provincia de Teruel. A súa capital é Cantavieja.

Municipios

[editar | editar a fonte]

A comarca engloba os municipios de Allepuz, Bordón, Cantavieja, Cañada de Benatanduz, Castellote, La Cuba, Fortanete, La Iglesuela del Cid, Mirambel, Miravete de la Sierra, Molinos, Pitarque, Tronchón, Villarluengo e Villarroya de los Pinares.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Limita ao norte co Bajo Aragón, ao oeste con Andorra-Sierra de Arcos, Cuencas Mineras e a Comunidade de Teruel, ao sur con Gúdar-Javalambre e ao leste coa provincia de Castelló. O norte da bisbarra pódese considerar parte do Bajo Aragón Histórico.

Parte do seu territorio está ocupado polo Monumento natural das Grutas de Cristal de Molinos, o Monumento natural do Nacemento do Río Pitarque, o Monumento natural dos Órganos de Montoro e o Monumento natural da Ponte de Fonseca.

As poboacións do Maestrazgo pertenceron na súa maioría á Orde do Temple e, tras a súa disolución pasaron aos Hospitalarios. Así Cantavieja, Mirambel, Villarluengo e outros lugares conservan cascos históricos medievais, recintos amurallados ou restos de castelo que demostran o carácter defensivo e fronteirizo que tiveron estas terras. Noutras vilas como Cañada de Benatanduz só quedan as ruínas medievais.

O xeneral Ramón Cabrera actuou na zona durante a Primeira Guerra Carlista (1833 -1840). Os seus pasos levaron a algúns escritores do século XIX a colocar a trama dos seus relatos no Maestrazgo, entre os que destaca Benito Pérez Galdós.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]