close
Saltar ao contido

Andorra-Sierra de Arcos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Andorra-Sierra de Arcos
Imaxe
 Instancia de
Localización
 Situado en
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   9.566 (2024) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   675,1 km² Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
OpenStreetMap10610845 Editar o valor en Wikidata
VIAF316734655 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0dsctv7 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Andorra-Sierra de Arcos é unha comarca de Aragón, en España, situada na área nororiental da provincia de Teruel. A súa capital é Andorra.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A comarca limita ao norte co Bajo Martín, ao oeste coas Cuencas Mineras, ao sur co Maestrazgo e ao leste co Bajo Aragón. A comarca adóitase considerar parte do Bajo Aragón Histórico.

Por estas terras andaron primeiro iberos, romanos e cartaxineses e máis tarde árabes antes da reconquista. Esta sucesión de pobos e culturas deixou visible pegada nas vilas da comarca.

Concellos

[editar | editar a fonte]
Concello Extensión
(km²)
Poboación (2007)
(hab.)
Densidade
(hab./km²)
Alacón 47,50 405 8,53
Alloza 81,60 719 8,81
Andorra 141,36 8.156 57,70
Ariño 81,93 867 10,58
Crivillén 42,03 107 2,55
Ejulve 109,50 222 2,03
Estercuel 55,21 262 4,75
Gargallo 29,97 105 3,50
Oliete 86 490 5,70
675,1 11.333 16,79

En Andorra, preto do poboado de El Cabo, constrúese actualmente un centro de interpretación sobre os iberos o cal achegará a cultura deste pobo ao visitante. Non se trata do único asentamento na comarca xa que en Oliete atópase o poboado de El Palomar o cal dispón tamén de Centro de Interpretación.

Economía

[editar | editar a fonte]

A súa economía baséase principalmente na minería e nos empregos xerados pola central térmica de Endesa situada en Andorra. Tamén ten certa relevancia a industria agroalimentaria e de materiais para a construción.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]