A lingua efik/ˈɛfɪk/[1] (Usem Efịk) é unha lingua falada polo pobo efik, que habita nos estados de Cross River e Akwa Ibom, en Nixeria, así como no noroeste do Camerún. A lingua efik é mutuamente intelixible con outras linguas do baixo Cross River como o ibibio, o anaang, o oro e o Ekid mais o grao de intelixibilidade no caso do oro e o ekid é unidireccional; noutras palabras, os falantes destas linguas falan e entenden efik (e ibibio) pero non viceversa.[2] O vocabulario efik foi enriquecido e influenciado polo contacto externo cos británicos, portugueses e outras comunidades circundantes como os balondo, os oron, os efut, os okoyong, os efiat e os ekoi (Qua).[3][4]
Simmons, Donald C. (1968) [1st pub. 1956]. "An Ethnographic Sketch of the Efik people". En Forde, Daryll. Efik Traders of Old Calabar. Londres: Dawsons of Pall Mall.OCLC67514086