Isla Cristina
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
| Provincia | Provincia de Huelva | ||||
| Capital | Isla Cristina | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 21.525 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 50 km² | ||||
| Bañado por | Océano Atlántico | ||||
| Altitude | 3 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 1755 (Xuliano) | ||||
| Organización política | |||||
| • Alcaldesa | Maria Luisa Faneca Lopez (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 21410, 21420, 21430 e 21449 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 21042 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | islacristinaweb.org | ||||

Isla Cristina é un municipio español situado na costa occidental da provincia de Huelva, Andalucía, a uns 7 km da fronteira portuguesa e encadrado na comarca da Costa Occidental. No ano 2009 contaba cunha poboación de 21.324 habitantes.[1] A superficie do municipio é duns 49,36 km².
As súas orixes remóntanse á fundación dunha colonia pesqueira por cataláns e valencianos tras o terremoto de Lisboa de 1755, que creceu ata obter o seu propio concello en 1833 e absorber despois ao antigo municipio de La Redondela en 1887.[2]
A actividade principal é a pesca, favorecida polo seu importante porto. A súa lonxa é a primeira por poxas de peixe fresco de Andalucía e a segunda por tonelaxe, só superada por Cádiz.[3] A actividade turística tamén ten unha presenza remarcable.
No termo municipal atópanse as Marismas de Isla Cristina, protexidas mediante a forma de Paraxe Natural, e tamén varias zonas de piñeiro e matogueira do cinto dunar costeiro pertencentes e xestionados por ICONA-INIA. Debido á súa orientación leste-oeste, as postas de sol que acaban entre o mar e a terra serviron de inspiración a varios poetas, chegando a crear a ruta das postas de sol, con citas soadas de afamados poetas como Rafael Alberti, Gerardo Diego, Juan Ramón Jiménez ou Luis Cernuda.[4]
Demografía
[editar | editar a fonte]| Pobación de Isla Cristina segundo INE desde 1900[5] |
|---|
![]() |
| Fonte:INE |
| Gráfica elaborada por: Wikipedia |
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Paraxe natural das Marismas de Isla Cristina
- Gran Vía
- Praza das Flores
- Peirao e lonxa de Isla Cristina
- Gaivotas nas Salinas de Vistahermosa
- Posta de sol no porto deportivo
- Peirao e fábricas
- Igrexa parroquial das Dores
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Instituto Nacional de Estadística
- ↑ "Historia de La Redondela". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2009. Consultado o 25 de agosto de 2018.
- ↑ Análise da produción pesqueira rexional, 2006, Xunta de Andalucía Arquivado 27 de novembro de 2009 en Wayback Machine.ligazón=https://view.officeapps.live.com/op/embed.aspx?src=http%3A%2F%2Fwww.juntadeandalucia.es%2Fagriculturaypesca%2Fportal%2Fwww%2Fportal%2Fcom%2Fbin%2Fportal%2FDGPesca%2Fproduccionpesquerandaluza2006%2Fanalisis_produccion_regional_2006.doc&wdStartOn=1
- ↑ Ruta das postas de sol
- ↑ Instituto Nacional de Estadística (INE) (ed.). "Poboaciones de feito desde 1900 ata 1991. Isla Cristina (Huelva)". Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2012. Consultado o 17 de agosto de 2009.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Isla Cristina |


