close
Saltar ao contido

Primeira República Francesa

Primeira República Francesa
 Nome orixinal
   République française (fr)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
   Première République (fr)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Himno
Características
 Aspecto de
 Lingua oficial
 Lingua usada
Implicados
 Órgano lexislativo
Datas
 Fundación / creación
21 de setembro de 1792 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
18 de maio de 1804 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
BERJAYA Reino de Francia (1791 - 1792) Editar o valor en Wikidata
 Substitúe
BERJAYA Condado de Flandres (866 - 1797)
BERJAYA Lordship of Mechelen (en) Traducir (910 - 1795)
BERJAYA Reino de Francia (1791 - 1792)
BERJAYA República de Mulhouse (pt) Traducir (1308 - 1798)
BERJAYA Condado Venaissino (pt) Traducir (1274 - 1791)
BERJAYA Ducado de Brabante (1183 - 1795)
BERJAYA Duchy of Limburg (en) Traducir (1065 - 1795)
BERJAYA Ducado de Luxemburgo (pt) Traducir (1353 (Gregoriano) - 1795)
BERJAYA Principado de Lieja (985 - 1795)
BERJAYA Condado de Hainaut (1071 - 1794)
BERJAYA Condado de Namur (981 - 1795)
Cidade imperial livre de Aquisgrano (pt) Traducir (1306 (Gregoriano) - 1801)
Subalpine Republic (en) Traducir (1800 - 1802) Editar o valor en Wikidata
 Substituído por
BERJAYA Primeiro Imperio Francés (1804 - 1815) Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
 Continente
 Capital
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
Códigos e identificadores
Freebase/m/0gtzp Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A Primeira República Francesa (en francés: Republique française) foi fundada o 22 de setembro de 1792, pola Convención Nacional. A Primeira República estivo vixente ata a proclamación do Primeiro Imperio Francés en 1804 baixo Napoleón. Este período está caracterizado pola caída da monarquía, o establecemento da Convención Nacional e o famoso Reinado do Terror, e a creación do Consulado Francés coa subida ó poder de Napoleón.

O fin da monarquía en Francia

[editar | editar a fonte]

Baixo a Asemblea Lexislativa, que estivo no poder tras a proclamación da Primeira República, Francia entrou en guerra contra Prusia e Alemaña. En xuño de 1792 o duque de Brunswick, comandante xeneral do exército Austro-Pruso, ameazou coa destrución de París se algo lle sucedía ó rei Lois XVI. Cos exércitos prusianos preto de París, os cidadáns asaltaron o palacio das Tullerías, asasinando a 600 gardas suízos do rei e insistindo na destitución do rei [1]. Un novo temor incitou á acción anti-revolucionaria a violencia adicional, e a primeira semana de setembro de 1792, as multitudes de París asaltaron as prisións da cidade, matando sobre a metade dos presos. Nobres, clérigos, e presos políticos foron asasinados nas súas celas. Isto pasou á historia como os Masacres de Setembro [2] .

A Convención Nacional

[editar | editar a fonte]
BERJAYA
Maximilien de Robespierre.
BERJAYA
Monumento á Convención Nacional

Como resultado á inestabilidade da monarquía constitucional e da violencia pública, un partido de seis membros da Asemblea Lexislativa de Francia foi asignado para a tarefa de supervisar as eleccións. A convención resultante foi fundada coa intención de abolir a monarquía e crear unha nova constitución. O primeiro acto da Convención foi establecer oficialmente a República Francesa e quitarlle ó rei todos os seus poderes políticos. O rei, que por entón non era máis que un simple cidadán chamado Luís Capeto, nome sinxelo dado polos revolucionarios co que lle restrinxían facer vangloria dos títulos acostumados pola realeza e que provén da antiga dinastía dos Capetos da que veñen os Borbóns.[3], foi secuencialmente acusado de varios crimes de altra traizón a partir de decembro de 1792. O 16 de xaneiro de 1793 foi acusado culpable, e o 21 de xaneiro dese mesmo ano foi guillotinado[4].

Entre inverno de 1792 e primavera de 1793, París estivo chea de sanguentos alborotos e fame. A nova Convención fixo pouco para resolver o problema ata a primavera de 1793, estando máis ocupada nas tarefas militares. Finalmente o 6 de abril de 1793, a Convención creou o Comité de Seguridade Pública, encabezado por Maximilien de Robespierre. Este comité instaurou unha política de terror, e a guillotina comezou a acabar cos inemigos da república. Esta etapa é coñecida hoxe como o Reinado do Terror.

BERJAYA
A Marianne revolucionaria deseñada por A. Dupré, no anverso da moeda conmemorativa do bicentenario da I Repúbilca (1992)

A pesar do gran descontento, a Convención Nacional seguiu no poder. En xuño estableceuse a Constitución de 1793, que foi ratificada polo voto popular en agosto. Porén, o Comité de Seguridade Pública era visto como un goberno de emerxencia, e os dereitos que se garantiron coa Declaración dos dereitos do home e do cidadán de 1789 e a nova constitución foron suspendidos por este comité. O comité realizou miles de execucións contra inimigos supostos da recentemente creada república, de modo que a guillotina veu a ser coñecida como “a maquinilla de afeitar nacional”—porque parecía que caía sobre o pescozo de todos[5]. As leis do comité levaron a revolución a límites sen precedentes, introduciron o calendario revolucionario en 1793, pecharon igrexas dentro e fóra de París como parte do movemento de descristianización, xulgaron e executaron a María Antonieta e instituíron entre outras a lei de sospeitosos. Baixo o liderado de Robespierre, membros de varias faccións revolucionarias e grupos foron executados incluíndo os Hébertistas e os Dantonistas, moitos dos cales foran amigos persoais do propio Robespierre[3].

Os esforzos da guerra estaban mellorando en Francia para 1794, por unha parte debidos á excelencia militar de Napoleón Bonaparte. Moitos na Convención Nacional chamaban á volta da normalidade, pero Robespierre negábase. Entre as execucións totales, o medo salvaxe do pobo, e a institución do Festival da Razón, a mediados de 1794 había “moito entusiasmo para terminar o terror, pero ninguén sabía como facelo... A única solución posible era a caída de Robespierre"[6]. Robespierre foi xulgado e executado o 28 de xullo de 1794.

O Directorio

[editar | editar a fonte]

Tras a caída de Robespierre, o club Xacobino foi pechado e os Xirondinos superviventes foron reinstaurados. En agosto, a Convención Nacional adoptou a Constitución de 1795 e restableceron a liberdade de emprego. O 3 de novembro de 1795, o Directorio foi establecido. Baixo este sistema, Francia estaba dirixida por unhas cortes bicamerais, compostas pola Cámara Alta chamada Consello de Anciáns (250 membros) e a Cámara Baixa chamada Consello dos 500 (500 membros). O poder executivo consistía en cinco membros que formaban o Directorio. Debido á inestabilidade e aos desastres militares franceses en 1798 e 1799, o Directorio só durou catro anos.

O Consulado

[editar | editar a fonte]

O sistema caeu co golpe de Estado do 18 de brumario de 1799, que iniciou un novo período coñecido como o Consulado Francés. Os propios membros do Directorio planearon o golpe. Napoleón Bonaparte foi un dos conspiradores do mesmo, e alzouse co poder como o Primeiro Cónsul. Máis tarde nomearíase a si mesmo como emperador, poñendo fin á Primeira República Francesa e iniciando o Primeiro Imperio Francés.

De xeito inconstitucional a Primeira República estivo formada por:

  1. Censer, Jack R. and Hunt, Lynn. Liberty, Equality, Fraternity: Exploring the French Revolution. University Park, Pennsylvania: Pennsylvania State University Press, 2004.
  2. Doyle, William. The Oxford History of The French Revolution. Oxford: Oxford University Press, 1989. pp 191-192.
  3. 1 2 The French Revolution [videorecording] : liberté, egalité, fraternité, a new republic is born in blood / produced & directed by Doug Shultz ; written by Doug Shultz, Hilary Sio, Thomas Emil. [New York, N.Y.] : History Channel : Distributed in the U.S. by New Video, c2005.
  4. Doyle, William. The Oxford History of the French Revolution. Oxford: Oxford University Press, 1989. pp 196.
  5. Liberty, Equality, and Fraternity: Exploring the French Revolution. Jack R. Censer and Lynn Hunt, ed. © 2001 American Social History Productions, Inc. http://chnm.gmu.edu/revolution/browse/timeline/
  6. Interview with Historian David Jordan. The French Revolution [videorecording] : liberté, egalité, fraternité, a new republic is born in blood / produced & directed by Doug Shultz ; written by Doug Shultz, Hilary Sio, Thomas Emil. [New York, N.Y.] : History Channel : Distributed in the U.S. by New Video, c2005.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]