Moonbird
Aparencia
| Moonbird | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata | |||||||||
Moonbird é unha curtametraxe estadounidense de 1959 dirixida por John Hubley e producida por Faith Hubley. Conta a historia de dous rapaces que teñen unha aventura no medio da noite mentres tentan atrapar un "Moonbird" e traelo a casa. Foi animada por Robert Cannon e Ed Smith. Gañou o Óscar á mellor curtametraxe animada na 32ª edición dos premios, en 1960.[1]
Converteuse na primeira curtametraxe animada independente en gañar o Óscar.[2][3]
