close
Saltar ao contido

Lucia di Lammermoor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lucia di Lammermoor
 Título
   Lucia di Lammermoor (it) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Forma artística
 Baseado en
 Ambientado en
 Época ambientación
 Discografía
 Lingua
Implicados
 Compositor/a
 Libretista
Datas
 Data de publicación
século XIX Editar o valor en Wikidata
 Data de estrea
26 de setembro de 1835 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Duración
   2,5 h Editar o valor en Wikidata
 Número de partes
   3 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar estrea
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF184677829 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/09klb Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
IMSLP: Lucia_di_Lammermoor_(Donizetti,_Gaetano) Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Lucia di Lammermoor (en galego, Lucía de Lammermoor) é unha ópera en tres actos con música de Gaetano Donizetti e libreto en italiano de Salvatore Cammarano, baseado na novela The Bride of Lammermoor de Sir Walter Scott.[1] Trátase dunha das principais óperas do belcanto e é, xunto con Don Pasquale e L'Elisir d'Amore, da ópera máis representada de Donizetti na actualidade.

A acción transcorre nas terras escocesas de Lammermoor a finais do século XVI, nun momento de crise política e relixiosa, e conta a historia do amor de Sir Edgardo de Ravenswood e Lucia, irmá de Lord Enrico Asthon, que pactou a voda da moza cun nobre rico. Aproveitando a ausencia do namorado, e por medio dunha proba de infidelidade, Lord Enrico consegue que se celebre a voda, xusto no momento en que volta Sir Edgardo. Nun acto de tolemia, Lucia apuñala o seu home na cama nupcial.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Personaxe Tesitura Intérpretes na estrea, 26 de setembro de 1835
(Director: – )
Lucia soprano de coloratura Fanny Tacchinardi Persiani
Lord Enrico Ashton, Señor de Lammermoor; irmán de Lucia barítono Domenico Cosselli
Sir Edgardo de Ravenswood tenor Gilbert Louis Duprez
Lord Arturo Bucklaw, noivo de Lucia tenor Balestrieri
Raimondo Bidebent, un capelán calvinista baixo Carlo Ottolini Porto
Alisa, doncela de Lucia mezzosoprano Teresa Zappucci
Normanno, cazador; un criado de Enrico tenor Anafesto Rossi
Criados e serventes, convidados á voda
  1. A trama da novela orixinal está baseada nun incidente real que tivo lugar en 1669 na zona das colinas Lammermuir das Terras Baixas Escocesas. A familia verdadeiramente implicada foron os Dalrymple. Mentres que o libreto conserva a intriga básica de Scott, tamén contén trocos moi importantes no que se refire ás personaxes e aos acontecementos. Na novela de Scott, é súa nai, Lady Ashton, e non Enrico, quen é a vilana e malvada perpetradora de toda a intriga. Tamén, Laird of Bucklaw foi só ferido por Lucia logo da súa desafortunada vida, e máis tarde se recuperou, marchou ao estranxeiro e sobreviviunos a todos. Na ópera, o descenso de Lucia á tolemia é máis rápida, dramática e moi espectacular, mentres que no libro é un pouco máis misteriosa e ambigua. Tamén, na novela, a última charla de Edgardo e Lucia, e a súa despedida (supervisada pola súa nai) é moito menos melodramática e máis calmada, aínda que o efecto final é igualmente devastador para ambos. Ao final da novela, o Señor de Ravenswood desaparece (o seu corpo nunca se atopa) e é presumiblemente morto de algún xeito nun accidente camiño do seu duelo co irmán maior de Lucia; polo tanto, non comete un suicidio espectacular de estilo operístico cun stiletto ao coñecer a morte de Lucia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.