close
Saltar ao contido

Liexa

Liexa
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Logotipo
Imaxe
 Parte de
 Nome orixinal
Liège (fr)
Lîdje (wa) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
Liège (fr)
列日 (zh)
Lieĝo (eo)
Leodium (la)
Льеж (ru)
Lîdje (wa)
Liegi (it)
Lieja (es)
Lüttich (de)
Luik (nl)
Luuk (vls) Editar o valor en Wikidata
Características
 Lingua oficial
 Forma xurídica
 Economía
 Outorga
Implicados
 Persoas relevantes
 Xefe do goberno
Cargo: alcalde de Liexa Editar o valor en Wikidata
Willy Demeyer (pt) Traducir (1999 - )
Henri Schlitz (1991 - 1995)
Edouard Close (1976 - 1990)
Jean-Maurice Dehousse (1995 - 1999) Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
século VIII Editar o valor en Wikidata
Historia
 Historia
 Premios e distincións
Localización
 Situado en
 Conca hidrográfica
 Comparte fronteira con
 Contén núcleo de poboación
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
195.278 (2022)
196.291 (2014)
197.885 (2017)
197.355 (2018)
196.685 (2019)
196.623 (2020) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
68,65 km²
69,39 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   66 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal4000 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap1681788 Editar o valor en Wikidata
VIAF125420999 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000122851509 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0d4k2 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Teléfono
+32-4-221-81-11 Editar o valor en Wikidata
Facebook: liegeville Twitter: villedeliege Instagram: ville.liege LinkedIn: ville-de-liège Youtube: UCF4vsOsOb-6l5HV3tBW9mkA Vimeo: user22086069 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Liexa[1] (en francés: Liège Fr-Liège.ogg [ljɛʒ] , en neerlandés: Luik Nl-Luik.ogg [lœyk] , en alemán: Lüttich [ˈlʏtɪç], en valón: Lîdje)[a] é unha cidade francófona do leste de Bélxica, capital da provincia homónima. É a quinta cidade máis grande do país despois de Bruxelas, Anveres, Gante e Charleroi; o terceiro conglomerado despois dos de Bruxelas e Anveres; e a terceira cidade francófona tras Bruxelas e Charleroi.[2]

Está situada no val do río Mosa, cerca das fronteiras con Alemaña e os Países Baixos, xunto á desembocadura dun dos seus afluentes, o río Ourthe. Comunícase con Anveres mediante o Albertkanaal (canle Alberto) e coa rexión renana mediante o Mosa. Atópase ademais nunha antiga zona industrial, a espiña dorsal industrial de Valonia. O municipio de Liexa inclúe aos antigos asentamentos de Angleur, Bressoux, Chênée, Glain, Grivergné, Jupille-sur-Meuse, Rocourt e Wandre.

De 972 a 1795 foi a capital do principado de Liexa, e durante os séculos viii e xvi sé do bispado de Liexa, herdanza da Civitas Tungrorum romana.

Dende o século xv a cidade experimentou un continuo desenvolvemento económico, e no xix converteríase nun importante centro industrial como consecuencia da explotación das minas de hulla e do seu procesamento. Industria siderúrxica, de transformados metálicos, de construción de maquinaria, armamentística, química, do caucho, do vidro e alimentaria (refinaría de azucre). A cidade posúe un dos portos fluviais máis importantes de Europa, tamén posúe un Aeroporto en Bierset. Liexa constitúe o centro cultural dos valóns. A súa universidade fundouse en 1817.

Entre o 4 e o 16 de agosto de 1914 tivo lugar nesta cidade a batalla de Liexa, na que os alemáns conquistarían a praza no seu avance cara París.

Entre 1931 e 1937 estivo situada nesta localidade a Escola de Enxeñería ICAI, logo de que a Compañía de Xesús fora expulsada de España.

BERJAYA
Panorámica de Liexa
  1. Ata 1949 o nome francés da cidade escribíase Liége, con acento agudo en vez de grave.
  1. Segundo Criterios para o uso da lingua, SNL da Universidade da Coruña, así como tamén conforme a forma empregada en Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo, a Diciopedia do século 21 e o Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega.
  2. "Statistics Belgium. Working Paper" (PDF). www.statbel.fgov.be (en neerlandés). 2008. Archived from the original on 29 de outubro de 2008. Consultado o 16 de decembro de 2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.