A Universidade de Deusto marca o extremo leste do barrio de San Pedro de Deusto-La Ribera.
Deusto (en éuscaro: Deustu) é un distrito da cidade de Bilbao, capital da provincia vasca de Biscaia. Ten 52.218 habitantes e unha superficie de 4,95km², aínda que os seus barrios só ocupan 3,19km², sendo o terreo restante a ladeira do monte Archanda.
Divídese nos barrios de Arangoiti, Ibarrecolanda, San Ignacio-Elorrieta e San Pedro de Deusto-La Ribera. O elizate de San Pedro de Deusto foi municipio independente ata o 1 de xaneiro de 1925, día no que a capital biscaíña anexionouse a súa superficie para continuar coa expansión da vila.
O distrito é coñecido rexionalmente como unha zona de ambiente estudantil, ao ser sede da Escola de Maxisterio e a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade do País Vasco, da Escola Oficial de Idiomas e, especialmente, da Universidade de Deusto.