close
Saltar ao contido

Denis Mukwege

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDenis Mukwege
BERJAYA
(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de marzo de 1955 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Bukavu Editar o valor en Wikidata
RelixiónPentecostalismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Libre de Bruxelas - Doutor en filosofía
Universidade do Burundi (pt) Traducir - doutor en medicina
Université d'Angers (pt) Traducir - French university master (en) Traducir
Universidade de Quinxassa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Tese académicaEtiologie, classification et traitement des fistules traumatiques uro-génitales et génito-digestives basses dans l’est de la RDC. (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista polos dereitos humanos, pastor, obstetra, xinecólogo, médico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorPanzi Hospital (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Interesado enXinecoloxía Editar o valor en Wikidata
Participou en
22 de xaneiro de 2019Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2019 Editar o valor en Wikidata
Familia
ParentesMushaga Bakenga, sobriño Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm3067277 Allocine: 854587
Twitter: denismukwege BNE: XX5879052 Editar o valor en Wikidata

Denis Mukengere Mukwege, nado o 1 de marzo de 1955,[1][2] é un xinecólogo congolés. En 2018 Mukengere e Nadia Murad recibiron xuntos Premio Nobel da Paz polo seu esforzo en erradicar a violencia sexual como arma de guerras en conflitos armados.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É o fundador do Hospital Panzi de Bukavu, onde está especializado no tratamento de mulleres que sufriron unha violación en grupo por forzas rebeldes e militares. Mukwege converteuse nun experto mundial na reconstrución interna do dano causado por esta clase de agresións sexuais.[4] Mukwege tratou milleiros de mulleres que foron vítimas de violacións de guerra dende a Segunda Guerra do Congo, algunhas delas máis dunha vez, levando a cabo 10 cirurxías ó día. Ten descrito como as súas pacientes chegan ó hospital, polo xeral en terribles condicións, e algunhas veces até espidas.[4] En 2014 Mukwege foi galardoado co Premio Sakharov da Unión Europea. Un ano antes, en 2013, recibiu o primeiro dos tres nomeamentos para o Premio Nobel da Paz.[5] O 28 de maio de 2015, Mukwege foi honrado como Doutor en Leis pola Universidade Harvard.[6]

  1. European Parliament/News, ed. (21 de outubro de 2014). "Denis Mukwege: winner of Sakharov Prize 2014". Consultado o 22 de outubro de 2014.
  2. Fondation Chirac, ed. (10 de outubro de 2013). "Denis Mukwege, Laureate of the 2013 Prize for conflict prevention". Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2014. Consultado o 22 de outubro de 2014.
  3. "Premio Nobel da Paz 2018" (en inglés). Consultado o 31 outubro 2018.
  4. 1 2 Nolen, Stephanie. "Where repairing rape damage is an expertise," The Globe and Mail, 22 de outubro de 2008.
  5. CNN, ed. (10 de outubro de 2013). "Nobel Peace Prize: Congo rape trauma surgeon among favorites". Consultado o 22 de outubro de 2014.
  6. "Ten to receive honorary degrees.".

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]