Combourg (en bretón:Komborn, en galó: Conbórn) é unha comuna francesa do departamento de Ille e Vilaine, na Bretaña. A importancia da cidade está asociada ao escritor románticoFrançois-René de Chateaubriand, así como ao seu castelo, coñecido, segundo a lenda por albergar a pantasma dun gato.[1] O seu alcume de "berce do romanticismo" débese ao escritor que pasou parte da súa mocidade no castelo.