close
Saltar ao contido

Chongqing

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chongqing
 Nome orixinal
   重庆 (zh)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
   重庆市 (zh-cn)   Editar o valor en Wikidata
Logotipo
Imaxe satelital
Vista nocturna
Imaxe
Fotomontaxe
 Instancia de
 Parte de
Sudoeste (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Composto por
 Epónimo
Características
 Economía
Implicados
 Xefe do goberno
Huang Qifan (2010 - 2016)
Hu Henghua (en) Traducir (2021 - ) Editar o valor en Wikidata
 Órgano lexislativo
 Órgano executivo
 Membro de
Datas
 Fundación / creación
1929 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Historia
 Substitúe
Wanxian (1992 - 1997)
Fuling City (en) Traducir (1995 - 1997)
Qianjiang Region (en) Traducir (1988 - 1997) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Xeografía
 Bañado por
 Situado na entidade xeográfica
Sudoeste (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Continente
 Capital
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
32.054.159 (2020)
28.846.170 (2010)
28.488.200 (2000)
30.170.000 (2015)
27.980.000 (2005) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   82.403 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
237 m
243 m Editar o valor en Wikidata
 Punto máis alto
    Yintiaoling (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
   UTC+08:00 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal400000–409900 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap913069 Editar o valor en Wikidata
VIAF125995653 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/017236 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX5099785
Wikidata G:Commons C:Commons

Chongqing (en chinés tradicional: 重慶; en chinés simplificado: 重庆; pinyin: Chóngqìng; Wade-Giles: Chʻung2-chʻing4) ou Chunquin[1] é unha das catro municipalidades controladas directamente polo goberno central da República Popular da China, con estatuto de provincia. En 2020 tiña 32.054.159 habitantes.

Gran parte do concello, que ocupa unha superficie de arredor de 80.000 km² (máis de 2,6 veces a área de Galicia), é rural. A poboación da área urbana de Chongqing propio era "só" de 5 090 000 habitantes segundo datos de 2000.

Chongqing é denominado de modo simple: Yú, unha abreviación que foi aprobada polo Consello de Estado a data de 18 de abril de 1997. O nome abreviado procede dunha vella denominación de parte do río Jialing, que atravesa Chongqing e desauga no Yangtzé.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Chongqing está situada sobre o río Yangtzé, xusto sobre o comezo do enorme lago artificial creado pola retención de augas do Encoro das Tres Gargantas. A aglomeración está construída na confluencia do Yangtzé e do seu tributario o Jialing. O centro da cidade érguese sobre a península formada por ambos os dous cursos de auga.

A topografía da cidade é moi particular: Chongqing está composta en realidade de outeiros pendentes, o que a fai a única grande urbe chinesa sen de bicicletas, pois as ladeiras son demasiado ásperas. Igualmente é a única na que o paso dos ríos que a atravesan se fai por medio de teleféricos. Desde a apertura internacional de Chongqing, sobre todo desde 1997, foron construídas numerosas pontes.

BERJAYA
Climodiagrama de Congqing

O clima da cidade é de tipo subtropical húmido, e como no resto da Asia extremo-oriental a influencia do monzón é notábel. A media de precipitacións caídas na cidade no período 1961-90 foi de 1.101 mm, pero están concentradas nos meses que van de abril a setembro. A media anual das temperaturas é de 19 °C. As temperaturas son cálidas nos meses estivais; en xullo e agosto as medias máximas poden superar os 32 °C e as mínimas medias non baixar de 24 °C. Por contra no mes máis frío, xaneiro, as temperaturas máis altas apenas soben de 6 °C, e as mínimas de 5 °C.

  1. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.