close
Saltar ao contido

Cabuérniga

Cabuérniga
 Nome oficial
   Cabuérniga (es)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Capital
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
976 (2025)
1.046 (2013)
1.066 (2012)
1.077 (2011)
1.086 (2010)
1.093 (2009)
1.083 (2008)
1.093 (2007)
1.096 (2006)
1.112 (2005)
1.134 (2004)
1.114 (2002)
1.110 (2001)
1.016 (2014)
998 (2015)
1.012 (2016)
1.001 (2017)
999 (2018)
1.000 (2019)
965 (2020)
985 (2021)
994 (2022)
995 (2023)
1.001 (2024) Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   463 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   537 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   86,44 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   260 m Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
   UTC+01:00 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal39510 Editar o valor en Wikidata
Código INE39014 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap339827 Editar o valor en Wikidata
VIAF316732864 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02rsb2x Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX451509
Wikidata C:Commons

Cabuérniga é un municipio da comunidade autónoma de Cantabria (España). Está situado na zona oriental da comunidade e a uns 54 quilómetros da capital, Santander, achantado dentro do val do Saja.

Limita polo norte con Valdáliga, polo sur con Los Tojos e Mancomunidad Campoo-Cabuérniga, polo leste con Ruente e Los Tojos, e polo oeste con Rionansa e Tudanca.

Hai vestixios de ocupación do val durante a prehistoria, en concreto do período Neolítico-Calcolítico, como son as estruturas tumularIAs da Braña de La Haya (Carmona) e da Braña de El Pozo (Valle).

Na época prerromana, o territorio estaba ocupado pola tribo menor avarixina, da gens concana.

Na alta idade media constátase o nome de “Kaórnica” (Kaorneka ou Kaornega), habitada por "cornecanas". Xentes do val repoboou Brañosera, segundo consta na Carta-Pobra de 824, sendo esta a máis antiga mención documental deste val. Posteriormente, o val de Cabuérniga quedou integrado no Meiriñado da Asturias de Santillana. Este territorio estaba dominado, no século XV, pola Casa Mendoza-de La Vega, segundo pronunciou o rei castelán Xoán II en 1444.

Este dominio señorial sobre terras habitadas por xentes de behetría deu lugar ao famoso preito dos Vales, que iniciou en 1544 Cabuérniga cos outros vales das Asturias de Santillana. Foi resolto en 1581, recoñecéndose o reguengo nestas zonas.

Canda outros territorios, formou parte da provincia dos Nove Vales en 1630. En 1774 conformou, con Ruente e Los Tojos, o Real Valle de Cabuérniga. Igualmente pertenceu á provincia de Cantabria, constituída en 1779, reinando Carlos III.

Este Concello creouse en 1822, aínda que non tiña as poboacións de Carmona e Viaña, que se adheriron trece anos máis tarde, cando todo o municipio pasou de pertencer ao partido xudicial de Puentenansa para o de Cabuérniga, e así se mantivo até ben entrado o século XX, cando se integrou ao partido xudicial de Torrelavega.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
BERJAYA
Pozo del Amo, fervenza do río Saja.
BERJAYA
Casas en Valle.
BERJAYA
San Pedro, ao lado de Carmona.

Orografía

[editar | editar a fonte]

Hai unha diferenza dun quilómetro entre a cota máxima é a mínima, 1.226 e 210 metros. Como puntos significativos podémonos encontrar:

  • Collá (collada) de Carmona: porto de montaña a 606 metros de altitude, polo que transcorre a estrada de entre Cabuérniga e Puentenansa. Ten dous miradoiros: o de "Asomada del Riberu", sobre Carmona, que mira para Puentenansa; e o da Vueltuca, sobre a localidade de Valle, que mira cara Cabuérniga.
  • Cueto La Caorra: Coto de 1.189 metros de altitude, situado na divisoria Saja - Nansa.

Rede fluvial

[editar | editar a fonte]

O principal río de Cabuérniga é o Saja, que nace nos Portos de Sejos, que vai adherindo ao longo do val diversos afluentes: o Bijoz, o Cambillas, o Argoza, o Viaña e o Lamiña. É destacada nel a cachoeira do Pozo del Amo. Ademais, existe un coto troiteiro denominado "Coto Cabuérniga".

Fauna e flora

[editar | editar a fonte]

Cabuérniga está incluído na Reserva do Saja e no Parque natural de Saja-Besaya. Hai catro lotes de caza maior: Peña Fresneda, Rozalén, Valfría e Viaña.

Na fauna silvestre dos montes do municipio abundan o cervo, o corzo, o xabarín, o raposo e o rebezo. É unha zona propia para escoitar a berrea do cervo en celo. Ademais destes mamíferos, poden verse aves rapaces menores, como o lagarteiro, o miñato queimado ou o miñato. Hai colonias de voitres leonados.

O gado autóctono da zona é o tudanco, que no verán é conducido aos pastos dos Puertos de Sejos. A baixada dos rabaños no outono orixina unha festa en Carmona, chamada la pasá, na que o gado desfila adornado.

Esténdense por Cabuérniga bosques caducifolios, con repoboacións de pinos e tamén de alerces. Destacan o bosque de monte Aá ou bosque de Monteá, unha masa forestal de frondosas, composta sobre todo por carballos, con faias nas zonas máis elevadas, destacan os carballos ‘Belén’ e ‘Mellizo’; a castañeira de Terán (Castanea sativa Miller), conxunto de castiñeiros centenarios, entre os que se encontran “La Hoya”/”La Olla” ou “El Duende”; ou o monte Viaña, extenso bosque de caxigas, faias e carballos.

Posúe tamén praderías, pasteiros e matogueiras atlánticos.

Localidades

[editar | editar a fonte]

Os 1.083 habitantes de Cabuérniga distribúense por:

Economía

[editar | editar a fonte]
BERJAYA
Vista de Carmona, unha das localidades do municipio.

Gandaría e agricultura

[editar | editar a fonte]

A gandaría e a agricultura foron a base da economía tradicional de Cabuérniga. Non obstante, nas últimas décadas, o sector ten menos explotacións, aínda que máis racionais.

Industria

[editar | editar a fonte]

Os cabuérnigos eran famosos como construtores de carros no século XVII. Consérvase, por iso, a tradicional industria artesanal da madeira. Elabóranse carros, apeiros de labranza, zocos, que, á parte de poder utilizarse, tamén se usan con carácter ornamental.

O turismo é un sector en alza como principal fonte de ingresos, en particular, o turismo gastronómico.

Administración

[editar | editar a fonte]

Gabriel Gómez Martínez (PRC) é o alcalde do municipio desde o 2007. As seguintes táboas amosan os resultados das eleccións municipais celebradas no 2003 e no 2007.[1]

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
PartidoVotos %Concelleiros
PRC 458 55,05 % 6
PP 149 17,91 % 2
PSOE 141 16,95 % 1
  • Alcalde electo: Gabriel Gómez Martínez (PRC).
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
PartidoVotos %Concelleiros
PRC 362 43,77 % 4
PP 298 36,03 % 4
PSOE 143 17,29 % 1
  • Alcalde electo: Gabriel Gómez Martínez (PRC).

Demografía

[editar | editar a fonte]
Evolución demográfica
190019101920193019401950196019701980199020002005
2.2621.9972.0951.8791.7451.8111.8371.4861.1371.1711.0831.112

Fonte: INE

Patrimonio

[editar | editar a fonte]
BERJAYA
Plátano de Sopeña.

Destacan como bens de interese cultural, na categoría de conxuntos históricos: Carmona e o barrio de San Pedro.

Ademais, tres pobos do municipio son bens de interese local, con categoría de conxunto histórico: Terán, sendo tamén, as súas antigas escolas, ademais, bens inventariados; Renedo e Valle.

Ten catalogada como árbore singular o Plátano de Sopeña (Platanus hispanica Miller ex Munchh).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]