Apeadoiro de Santa María de Mera
| Apeadoiro de Santa María de Mera | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Mera de Arriba | |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Transporte | |||||||||
|
Código de estación
| |||||||||
|
Estación adxacente
| |||||||||
|
Liñas ferroviarias
| |||||||||
|
Número de plataformas
| |||||||||
|
Número de beiras
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata |
O apeadoiro de Santa María de Mera é un apeadoiro ferroviario situado en Mera de Arriba, no concello de Ortigueira. Forma parte da rede de vía estreita operada por Renfe a través da división comercial Renfe Proximidades AM. Dispón de servizos de Proximidade da liña C-1 (antiga liña F-1 de FEVE e C-1f de Renfe Feve), entre Ferrol e Ortigueira. Tamén dispón de servizos rexionais da liña R-1f entre Ferrol e Oviedo, así como servizos parciais entre Ferrol e Ribadeo denominados R1a.
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]Atópase no punto quilométrico 42,68 da liña férrea de ancho métrico que une Ferrol con Xixón a 75 metros de altitude. O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Historia
[editar | editar a fonte]O ferrocarril de vía estreita chegou á cidade de Ferrol o 1 de febreiro de 1962, tras concluírse o tramo Ferrol-Santa María de Mera, e o 7 de febreiro de 1964 entrou en servizo a prolongación até Ortigueira. O Estado foi o encargado de realizar unhas obras que pretendían unir Ferrol con Xixón seguindo a costa cantábrica, algo que non sucedeu até o 6 de setembro de 1972. Culminaba desa forma un proxecto iniciado en 1886.[1]
A xestión do apeadoiro e a explotación do servizo recaeron en mans de FEVE ata que en 2013 a explotación foi atribuída a Renfe Operadora e as instalacións a Adif.
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Rexionais
[editar | editar a fonte]Os trens rexionais que unen Ferrol e Asturias teñen parada na estación. O traxecto é directo se se pretende viaxar a Oviedo, mais se o destino final é Xixón cómpre facer un transbordo en Pravia.
Proximidades
[editar | editar a fonte]Dispón de servizos de proximidade da liña C-1 de núcleo de proximidade Ferrol, que cobren o traxecto Ferrol-Ortigueira a razón dun tren cada 15-30-60 minutos en días laborables, dándose a maior frecuencia en hora punta. O número de trens redúcese notablemente as fins de semana e festivos.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Peris Torner, Juan (24 de marzo de 2012). "Ferrocarril de Ferrol á Gijón". Spanish Railway (en castelán).
- ↑ "Cercanías Ferrol". Renfe.
