Alto Palatinado
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Alemaña | ||||
| Estado federado | Baviera | ||||
| Capital | Ratisbona | ||||
| Contén a división administrativa | Amberg Amberg-Sulzbach (pt) Cham (pt) Landkreis Neustadt an der Waldnaab Neumarkt (pt) Ratisbona Schwandorf (pt) Tirschenreuth (pt) Weiden distrito de Regensburg | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 1.098.378 (2016) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 9.691,03 km² | ||||
| Altitude | 628 m | ||||
| Punto máis alto | Kleiner Arber (en) | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Xefe do goberno | Walter Jonas (2022–) | ||||
| Membro de | |||||
| Código NUTS | DE23 | ||||
| Clave de rexión en Alemaña | 093 | ||||
| Sitio web | bezirk-oberpfalz.de | ||||
A Alto Palatinado (en alemán Oberpfalz) é unha das sete rexións administrativas (Regierungsbezirk) en que está dividido o Estado federado alemán de Baviera.[1]
Encóntrase no leste do Estado federal, e limita ao suroeste coa Alta Baviera, ao sur coa Baixa Baviera, ao oeste cona Franconia Media e ao noroeste coa Alta Franconia. Ademais limita ao leste coa República Checa, cuxa fronteira encóntrase aberta desde 2008 grazas ao Acordo de Schengen.
A súa capital administrativa é Ratisbona.
División administrativa
[editar | editar a fonte]A rexión do Alto Palatinado está composta por tres cidades-distrito (Kreisfreie Städte) e sete distritos rurais (Landkreise):
Cidades-distrito
[editar | editar a fonte]Distritos rurais
[editar | editar a fonte]Xeografía
[editar | editar a fonte]
No Alto Palatinado hai algunhas cordillieras, varios esteiros e lagos. En comparación con outras rexións de Alemaña, o Alto Palatinado ten máis ben unha baixa densidade de poboación. Ss rexións máis importantes son:
Historia
[editar | editar a fonte]Historicamente o Alto Palatinado identíficase co Nordgau de Baviera, que era unha parte do vello ducado de Baviera. O nome está directamente ligado ao Palatino (en latín Palatium, en alemán Pfalz), e ao derivado Kurpfalz.
Desde a morte de Lois II de Baviera en 1294, a casa de Wittelsbach dividiuse en dúas ramas, a maior Palatium e a máis nova Baviera. A rama do Palatium gobernaba unha parte do territorio da Baviera do Norte, que máis tarde pasou a chamarse Alto Palatinado en Baviera.
O Baixo Palatinado (Niederpfalz) ou Palatinado Renano (Rheinpfalz) forma parte do Land alemán de Renania-Palatinado e non ten contacto físico co anterior. Ambos os dous constitúen a rexión histórica denominada Palatinado.
Poboación
[editar | editar a fonte]Evolución da poboación do Alto Palatinado
[editar | editar a fonte]| 1939 | 694 742 |
| 1950 | 906 822 |
| 1961 | 898 580 |
| 1970 | 963 833 |
| 1987 | 969 868 |
| 2002 | 1 088 929 |
| 2019 | 1 112 102 |
Transporte
[editar | editar a fonte]Ferrocarril
[editar | editar a fonte]A rexión do Alto Palatinado está atravesada polas seguintes liñas ferroviarias:
- Ratisbona - Schwandorf - Weiden - Marktredwitz - Hof
- Weiden - Bayreuth
- Núremberg – Neukirchen - Weiden
- Núremberg–Ratisbona- Neumarkt in der Oberpfalz - Ratisbona
- Ratisbona - Straubing - Passau
- Schwandorf - Amberg - Núremberg
- Schwandorf - Cham - Furth im Wald
- Cham - Bad Kötzting - Lam
- Donautalbahn - Ratisbona – Ingolstadt
Autoestradas
[editar | editar a fonte]- A 3
- A 6
- A 93
Aeroportos
[editar | editar a fonte]Os aeroportos máis achegados son:
- Aeroporto de Núremberg
- Aeroporto de Hof
- Aeroporto de Múnic
- Aeroporto de Linz, en Austria
Economía e comercio
[editar | editar a fonte]
A economía do Alto Palatinado sufriu un gran cambio na década de 1994-2004. A taxa de desemprego, tanto no sector primario (agricultura e acuicultura) como na industria, aumentou considerabelmente. Porén, a taxa de emprego no sector de servizos aumentou nun 18,8 %. Hoxe en día a economía rexurdiu e a taxa de desemprego estabilizaouse nun 4,6 %. Segundo o seu PIB (119,3), o Alto Palatinado pertence ás rexións máis ricas da Unión Europea (EU27: 100, Alemaña: 115,8) (ano 2004).
O comercio na rexión distribúese máis que nada nas PEMEs, moitas delas pertencen ás líderes da súa rama. O turismo tamén ten un papel destacado na rexión. A pesar de que a agricultura foi moi importante nos anos anteriores, hoxe en día ten unha importancia menor.
O sector industrial concéntrase sobre todo na "Gran Ratisbona":
- BMW
- Krones AG
- Infineon
- Continental
Ratisbona é tamén a 5ª cidade na produción de Biotecnoloxía de Alemaña.
O distrito rural de Schwandorf recada a maior cantidade de impostos na rexión. Alí hai máis de 300 empresas industriais que empregan a máis de 16 000 persoas:
- Meiller direct GmbH
- Benteler Automobiltechnik GmbH
- Nabaltec AG en Schwandorf
- Innovationspark Wackersdorf (BMW)
- Läpple AG, cuya fábrica se encuentra en Teublitz
- F.EE GmbH in Neunburg v.W.
- Heidelberg Cement AG en Burglengenfeld
Política
[editar | editar a fonte]Desde 1999 Rupert Schmid (CSU) é o Presidente do Alto Palatinado. Seus vicepresidentes son Ludwig Spreitzer (CSU) e Norbert Hartl (SPD).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Berg-Schlosser, Dirk (1993). Political Culture in Germany. ISBN 978-1-3492-2767-9.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oberpfalz |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bedeutende Oberpfälzer von Sigfried Färber, Verlag Pustet 1981 ISBN 3-7917-0723-X.
- Ursula Pfistermeister: Himmlische Ansichten. Oberpfalz im Luftbild, Buch & Kundstverlag Oberpfalz, ISBN 3-924350-69-8

