Xubuntu
Aparencia
| Xubuntu | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||

Xubuntu (IPA: /ˈzùbúntú/) é unha rama oficial derivada do sistema operativo de código aberto Ubuntu. Xubuntu emprega o contorno de escritorio Xfce, o cal está optimizado para ser máis lixeiro e rápido que outros contornos de escritorios (como GNOME ou KDE), conseguindo desta maneira facilitar a súa utilización nunha maior variedade de equipos.
A primeira versión final de Xubuntu (Xubuntu 6.06) foi lanzada con Dapper Drake (nome en clave de Ubuntu 6.06 LTS).
Características principais fronte a Ubuntu
[editar | editar a fonte]- Emprega XFCE como escritorio en troques de GNOME, polo que o requisito de memoria RAM para executar a versión Live é inferior (128 MB).
- Emprega Gnome Office en troques de OpenOffice.org.
- Non dispón de tantas ferramentas gráficas como Ubuntu, aínda que se poden instalar.
- Non conta cun servizo ShipIt.p
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]| Versión | Nome | Data de lanzamento |
|---|---|---|
| 5.04 | Hoary Hedgehog | 8 de abril de 2005 |
| 5.10 | Breezy Badger | 13 de outubro de 2005 |
| 6.06 | Dapper Drake | 1 de xuño de 2006 |
| 6.10 | Edgy Eft | 26 de outubro de 2006 |
| 7.04 | Feisty Fawn | 19 de abril de 2007 |
| 7.10 | Gutsy Gibbon | 18 de outubro de 2007 |
| 8.04 | Hardy Heron | 24 de abril de 2008 |
| 8.10 | Intrepid Ibex | 30 de outubro de 2008 |
| 9.4 | Jaunty Jackalope | 23 de abril de 2009 |
| 9.10 | Karmic Koala | 29 de outubro de 2009 |
| 10.04 | LTS Lucid Lynx | 29 de abril de 2010 |
| 10.10 | Maverick Meerkat | 10 de outubro de 2010 |
| 11.04 | Natty Narwhal | 28 de abril de 2011 |
| 11.10 | Oneiric Ocelot | 13 de outubro de 2011 |
| 12.04 | LTS Precise Pangolin | 26 de abril de 2012 |
| 12.10 | Quantal Quetzal | 18 de outubro de 2012 |
| 13.04 | Raring Ringtail | 25 de abril de 2013 |
| 13.10 | Saucy Salamander | 17 de outubro de 2013 |
| 14.04 | LTS Trusty Tahr | 17 de abril de 2014 |
