close
Saltar ao contido

Zara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Zara
 Nome orixinal
   BERJAYA Zara (en)   Editar o valor en Wikidata
Logotipo
Imaxe
Características
 Forma xurídica
 Produto ou servizo
Implicados
 Fundador/a
 Matriz
Datas
 Fundación / creación
1975 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 Lugar de formación
 País
Códigos e identificadores
VIAF197623563 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/044_xs Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: zara Twitter: ZARA Instagram: zara Youtube: UCa8RD6FJLllG4nBskvhOGZw Pinterest: zaraofficial TikTok: zara Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Zara é unha cadea galega de tendas de moda e complementos pertencente ao grupo Inditex con sede en Arteixo.

BERJAYA
Primeira tenda de Zara na Coruña, na rúa Juan Flórez.

A marca foi fundada por Amancio Ortega en 1975, e a primeira tenda abriuna o 9 de maio dese ano na rúa Juan Flórez da Coruña. En 1981 abre a súa primeira tenda fóra de Galicia, en Madrid, e en 1988 inaugura a primeira tenda internacional en Porto. A segunda tenda de Zara no estranxeiro abre o 27 de setembro de 1989 en Nova York, na avenida Lexington.

Nos seus inicios Zara traballaba en Galiza con pequenos obradoiros, cooperativas, de costureiras ás que entragaba o material xa cortado, botóns e fíos para que cosesen pola súa conta a roupa en prazos axustados. Os máis pequenos destes obradoiros-cooperativas foron desaparecendo segundo foi baixando o traballo e os cartos que lles pagaban.[1] Nas súas orixes nas tendas de Zara vendíase roupa doutras marcas, pasando co tempo a vender roupa só como Zara.

Zara é a cadea insignia do grupo Inditex e está representada en Europa, América, África e Asia con 1.481 tendas (outubro de 2008) [2] en 71 países, delas 38 en Galiza.[3] A súa sede central é Arteixo.

En 2015 a marca comezou a poñer puntos de autoservizo e pagamento, como ampliación da súa estratexia comercial na venda. O primeiro destes puntos foi posto no centro comercial Marineda City[4].

As tendas e as cifras

[editar | editar a fonte]
BERJAYA
Establecemento de Zara na rúa Vimmelskaftet de Copenhaguen.

Zara é a cadea máis importante do grupo Inditex, a que está en máis países e a que é máis coñecida. En 2006 agardaba abrir 140 novas tendas [5], practicamente unha cada dous días, o que representou a terceira parte de todas as novas aperturas do grupo. A súa primeira tenda abriuna o propio Amancio Ortega na Coruña en 1975.

En 2004, a súa cifra de negocio foi de 3.819,6 millóns de euros e representaba o 67,8% das vendas de Inditex.

Modelo de negocio

[editar | editar a fonte]
BERJAYA
Tenda Zara en IFC, Hong Kong.

Zara ofrece roupa de tendencia, cunha calidade media e a un prezo económico. O seu público é feminino, masculino e infantil. Existe unha cadea específica que, co nome de Zara Home traballa no sector da moda de fogar. O modelo empresarial empregado nesta concepción do negocio permite dar resposta aos gustos do cliente nun tempo récord. Con máis de 200 deseñadores, as últimas tendencias séguense nas tendas, a pé de rúa e nas constantes viaxes a feiras internacionais. Así, Zara é capaz de deseñar, producir e distribuír unha colección a calquera parte do mundo dúas veces por semana en cada tenda[6]. A distribución realízase en tendas propias, estratexicamente situadas nos centros e zonas comerciais das cidades, onde se coida ao máximo ao escaparatismo e o deseño interior.

Mercado e clasificacións

[editar | editar a fonte]

En agosto de 2005, entrou por primeira vez na lista das 100 maiores marcas do mundo, situándose no posto 77º, segundo a clasificación anual da revista Business Week e a consultora Interbrand. A marca galega aparece valorada en 3.051 millóns de euros e supera na clasificación a grandes grupos como Hermès, Prada ou Armani.

En xaneiro de 2006, un estudo da revista estadounidense Brandchannel sinalaba que Zara era unha das marcas que máis impacto causaba na rede, e colocábaa de cuarta no ranquin europeo[7], por detrás de Ikea, Skype e Nokia e de 14ª no ranquin mundial[8]. Fóra da rede, o ránquin Brandz, da consultora estadounidense Millward Brown, situaba en 2007 a marca como a 90ª máis valiosa[9] do planeta.

En xuño de 2012 Zara foi absolta na demanda que Christian Louboutin lle interpuxo por plaxio da súa sola vermella. Christian Louboutin tivo que pagar 2.500 euros a Zara como compensación[10].

O deseñador de Louis Vuitton, Daniel Piette, describiu a Amancio Ortega como "posiblemente o minorista máis innovador e máis arrasador do mundo"[11].

Tendas no mundo

[editar | editar a fonte]

Distribución das tendas de Zara por zonas xeográficas:[12]

Zara en África
País#
Marrocos Marrocos10 tendas
Angola Angola9 tendas
Exipto Exipto4 tendas
Mozambique Mozambique3 tendas
Tunisia Tunisia2 tendas
Sudáfrica Suráfrica2 tendas
Zara en ASIA
País#
BERJAYA China107 tendas
BERJAYA Xapón78 tendas
BERJAYA Corea do Sur35 tendas
BERJAYA Arabia Saudita26 tendas
BERJAYA Israel20 tendas
BERJAYA Indonesia10 tendas
BERJAYA Emiratos Árabes Unidos9 tendas
India India8 tendas
BERJAYA Singapur7 tendas
BERJAYA Malaisia6 tendas
BERJAYA Filipinas6 tendas
BERJAYA Tailandia6 tendas
Kuwait Kuwait5 tendas
Líbano Líbano5 tendas
BERJAYA Bahrain2 tendas
BERJAYA Xordania2 tendas
BERJAYA Kazakhstán2 tendas
BERJAYA Qatar2 tendas
BERJAYA Siria2 tendas
BERJAYA Taiwán2 tendas
BERJAYA Azerbaidján1 tenda
BERJAYA Omán1 tenda
BERJAYA Nepal1 tenda
Zara en Norteamérica
País#
BERJAYA México55 tendas
Estados Unidos de América Estados Unidos45 tendas
BERJAYA Canadá22 tendas
BERJAYA Costa Rica2 tendas
BERJAYA República Dominicana2 tendas
BERJAYA O Salvador2 tendas
BERJAYA Guatemala2 tendas
BERJAYA Honduras2 tendas
BERJAYA Panamá2 tendas
BERJAYA Porto Rico1 tenda
Zara en Europa
País#
España España336 tendas
BERJAYA Francia118 tendas
Italia Italia88 tendas
Alemaña Alemaña67 tendas
Reino Unido Reino Unido66 tendas
Portugal Portugal61 tendas
Rusia Rusia58 tendas
Grecia Grecia43 tendas
Polonia Polonia39 tendas
Turquía Turquía31 tendas
Bélxica Bélxica27 tendas
Países Baixos Países Baixos21 tendas
Romanía Romanía18 tendas
Austria Austria12 tendas
Suíza Suíza10 tendas
Irlanda Irlanda9 tendas
Croacia Croacia9 tendas
Ucraína Ucraína9 tendas
Suecia Suecia8 tendas
Hungría Hungría7 tendas
República Checa República Checa6 tendas
Bulgaria Bulgaria5 tendas
Eslovenia Eslovenia5 tendas
Finlandia Finlandia4 tendas
Letonia Letonia4 tendas
Lituania Lituania4 tendas
Serbia Serbia4 tendas
Noruega Noruega3 tendas
Dinamarca Dinamarca2 tendas
Estonia Estonia2 tendas
Islandia Islandia2 tendas
Luxemburgo Luxemburgo2 tendas
Eslovaquia Eslovaquia2 tendas
Andorra Andorra1 tenda
Malta Malta1 tenda
Mónaco Mónaco1 tenda
Montenegro Montenegro1 tenda
Bosnia e Hercegovina Bosnia e Hercegovina1 tenda
Zara en Suramérica
País#
BERJAYA Brasil34 tendas
BERJAYA Arxentina10 tendas
BERJAYA Colombia10 tendas
BERJAYA Venezuela9 tendas
BERJAYA Chile7 tendas
BERJAYA Uruguai2 tendas
BERJAYA Ecuador1 tenda
BERJAYA Perú1 tenda
Zara en Australia
País#
Australia Australia5 tendas

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Os comezos de Inditex en Galicia" Arquivado 08 de xuño de 2013 en Wayback Machine., artigo en Galicia Confidencial.
  2. Stores around the world Arquivado 22 de outubro de 2008 en Wayback Machine., web de Inditex, consultado o 27 de outubro de 2008
  3. Zara. Nuestras tiendas, web de Zara, consultado o 27 de outubro de 2008
  4. "El autoservicio llega a Zara", artigo en La Voz de Galicia, 1 de febreiro de 2015.
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 28 de xaneiro de 2007.
  6. http://www.businessweek.com/globalbiz/content/apr2006/gb20060404_167078.htm?chan=innovation_branding_brand+profiles
  7. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2007. Consultado o 28 de xaneiro de 2007.
  8. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2007. Consultado o 28 de xaneiro de 2007.
  9. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de novembro de 2009. Consultado o 23 de abril de 2007. Arquivado 04 de novembro de 2009 en Wayback Machine.
  10. "Zara gana a Louboutin una demanda por supuesto plagio de la suela roja" Arquivado 18 de agosto de 2012 en Wayback Machine., La Voz de Galicia (en castelán)
  11. Zara, a Spanish success story CNN.com Arquivado 17 de agosto de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
  12. Tiendas en el mundo Arquivado 08 de agosto de 2013 en Wayback Machine. (en castelán)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]