Xeira
| Xeira | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
Xeira foi unha organización política da mocidade comunista galega que se definiu como marxista-leninista e independentista. O seu partido de referencia foi a Frente Popular Galega. A organización foi disolta en 2021.
Historia
[editar | editar a fonte]Xeira foi fundada o 21 de decembro de 2013 tras a culminación do Proceso MIR que sucedeu á ruptura de Adiante o 11 de novembro do mesmo ano. En abril de 2017 celebrou o seu II Congreso Nacional.[1] A organización establecía as súas bases segundo "a Independencia Nacional en forma de República Galega, a superación do Patriarcado e a construción do Socialismo e do Comunismo no mundo".[1]
No ano 2018 o seu secretario xeral, Brais Borrajo, foi acusado por parte dunha militante de violación o que levou a destapar numerosos casos de acoso cara militantes e exmilitantes desta organización.[2]
En xaneiro de 2021, un sector da militancia abandonou a organización xuvenil, ficando na FPG ata a celebración do seu noveno congreso, no que intentaron conformar unha candidatura alternativa á lista proposta polo central da organización.[3] Finalmente, esta última lista foi a gañadora do congreso, sendo elixida secretaria xeral da FPG, Oriana Méndez.[4] Xeira pasou a disolverse entón no seo da FPG, formando o sector que apoiou a Brais Borrajo, o Partido Comunista pola República Galega.
Organización interna
[editar | editar a fonte]Xeira é unha organización marxista-leninista, baseada no centralismo democrático, que se organiza en grupos comarcais cuxo órgano de dirección é o Comité Central.

Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 "II Congreso Nacional de Xeira". www.xeiramocidade.org. Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2018. Consultado o 2018-05-07.
- ↑ "Ex-secretário geral de Xeira, Brais Borrajo, acusado de agressom sexual a várias companheiras de organizaçom". Galiza Livre (en portugués). 2018-05-09. Consultado o 2022-11-11.[Ligazón morta]
- ↑ Mera, Alberte. "A FPG chega dividida ao seu Congreso". Nós Diario. Consultado o 2022-03-23.
- ↑ Mera, Alberte. "Oriana Méndez, nova secretaria xeral da FPG: "A nosa aposta pola fronte popular era e é honesta"". Nós Diario. Consultado o 2022-03-23.
