Posúe unha extensión duns 54.473km². A poboación cífrase en 2.774.083 persoas (datos do censo do ano 2007), o que dá unha densidade de poboación de 50,9 habitantes por cada quilómetro cadrado. Ten fronteiras polo leste con Camerún.
Os ríos Benue, Taraba, Donga e Ibi son os principais ríos do estado, que nacen nas montañas camerunesas, e atravesan o estado de Taraba en dirección norte a sur para desembocar no río Níxer.