close
Saltar ao contido

Reino de Iugoslavia

Reino de Iugoslavia
 Nome orixinal
   BERJAYA Краљевина Југославија/Kraljevina Jugoslavija (sh)   Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
BERJAYA Yugoslavia (en)  
BERJAYA югаслаўка (be-tarask)  
BERJAYA югаслаў (be-tarask)  
BERJAYA югаславы (be-tarask)  
BERJAYA Jugoslovan (sl)  
BERJAYA Jugoslovanka (sl)  
BERJAYA jugoszláv (hu)  
BERJAYA Jugoslawen (de)  
BERJAYA Jugoslawinnen (de)  
BERJAYA Jugoslawe (de)  
BERJAYA Jugoslawin (de)  
BERJAYA Југословен/Југословенка (mk)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Parte de
 Himno
 Estudado por
Características
 Lingua oficial
 Lingua usada
 Forma de goberno
 Relixión oficial
 Moeda
Implicados
 Xefe de estado
 Xefe do goberno
 Órgano lexislativo
 Membro de
Datas
 Fundación / creación
3 de outubro de 1929 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
29 de novembro de 1945 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Sucedido por
 Substitúe
 Substituído por
BERJAYA República Democrática Federal de Iugoslavia (1945 - 1945)
BERJAYA Estado independente de Croacia (1941 - 1945)
BERJAYA Reino de Montenegro (1941 - 1944)
Serbia de Nedić (1941 - 1944)
Província de Liubliana (pt) Traducir (1941 - 1945) Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
 Continente
 Capital
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
Códigos e identificadores
VIAF315522167 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01hs96 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Reino de Iugoslavia, chamado Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos entre o 1 de decembro de 1918 e o 3 de outubro de 1929, refírese a un estado balcánico que existiu dende o 1 de decembro de 1918 ao 2 de decembro de 1945. Comprendía a área das provincias de Eslovenia, Bosnia e Hercegovina, Serbia, Montenegro, Kosovo, Macedonia do Norte, así como a maior parte dos territorios de Croacia e Eslavonia.

Formación

[editar | editar a fonte]

Trala disolución do Imperio Austrohúngaro, a idea de crear unha nación para os eslavos nos Balcáns cobrou impulso e apoio da comunidade internacional. O 29 de outubro de 1918 estableceuse o Estado dos Eslovenos, Croatas e Serbios, cuxo obxectivo era abranguer tódolos territorios eslavos que o Imperio Austrohúngaro dominara. Porén, os serbios da Voivodina e a Sirmia opuxéronse a isto, e achegaron os seus territorios ao Reino de Serbia. O Triplo Acordo non recoñeceu este estado, e os seus gobernantes tiveron que solicitar a súa anexión ao Reino de Serbia o 1 de decembro de 1918, que a partir de entón pasou a chamarse Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos (Latín serbocroata: Kraljevina Srba, Hrvata i Slovenaca cirílico: Краљевина Срба, Хрвата и Словенаца, Esloveno: Kraljevina Srbov, Hrvatov in Slovencev, Macedonio: Кралство на Србите, Хрватите и Словенците, nome curto Kraljevina SHS, Краљевина СХС).

O 1 de decembro de 1918 foi proclamado por Alexandre Karađorđević, príncipe rexente polo seu pai, o rei Pedro I, quen formalmente era o rei de Serbia. O novo reino foi formado a partir dos antigos reinos independentes de Serbia e Montenegro, así como tamén unha cantidade substancial de territorio que antigamente foi parte do Imperio Austrohúngaro. As terras de Austria-Hungría que formaron o novo estado incluían Croacia, Eslavonia e Voivodina da parte húngara do imperio; Carniola, parte de Estiria e a maior parte de Dalmacia ao lado austríaco, ademais da provincia imperial de Bosnia-Hercegovina.

Un plebiscito levou a cabo na provincia de Carintia, a cal optou por seguir en Austria. A cidade porto dálmata de Zadar e unhas cantas illas dálmatas foron outorgadas a Italia. A cidade de Rijeka foi declarada cidade-estado libre, pero pronto foi ocupada e anexada en 1924 por Italia. As tensións na fronteira con Italia continuaron, cos italianos reclamando máis áreas da costa dálmata e Iugoslavia reclamando pola súa banda a península de Istria, parte da antiga provincia costeira austríaca que fora anexada a Italia, pero que contiña unha poboación considerable de croatas e eslovenos.

O novo goberno intentou integrar ao novo país politicamente como tamén de forma económica, unha tarefa difícil debido á grande diversidade de idiomas, nacionalidades e relixións no novo estado, a historia diferente das rexións, e as grandes diferenzas entre as rexións en canto ao desenvolvemento económico.

As tensións entre o nacionalismo serbio (envalentonado polo carácter centralista do estado) e o resto dos pobos do país, estaurou co asasinato no parlamento do reino do líder do Partido Campesiño Croata por parte dun deputado montenegrino. Iso levou ao rei a clausurar o parlamento e asumir o goberno do país dun xeito ditatorial. Con todo, iso só reavivou as tensións. De feito, poucos anos despois un guerrilleiro macedonio contratado polo nacionalismo croata ustacha asasinou o rei Alexandre e o ministro de exteriores francés en Marsella.

Sucedeuno no trono o seu fillo Pedro II, pero ao ser menor de idade, asumiu a rexencia o seu tío o Príncipe Pablo. Que gobernará ata que a comezos de 1941 un golpe de estado contra a política filoalemá do rexente levou ao trono de xeito anticipado a Pedro II.

De xeito fáctico o Reino de Iugoslavia deixou de existir cando o 6 de abril a aviación alemá atacou Belgrado e nas semanas seguintes sufriu unha invasión por parte das tropas de Alemaña, Italia, Bulgaria, Hungría, Albania e Romanía.

O rei e o goberno fuxiron a Londres dando prolongación formal e legal ao país ata 1945.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]