Quintana Roo (oficialmente en castelán:Estado Libre y Soberano de Quintana Roo) é un dos 31 estados do México. Divídese en 11 concellos e a súa capital é a cidade de Chetumal. Quintana Roo atópase na parte leste da península do Iucatán e limita cos estados de Campeche polo oeste e do Iucatán polo noroeste, así como cos distritos de Orange Walk e Corozal de Belize polo sur. Como o estado máis oriental de México, Quintana Roo ten costa polo leste no mar Caribe e polo norte co golfo de México. No pasado, o estado abranguía 44.705 km² e compartía unha pequena fronteira con Guatemala no suroeste do estado.[1][2] Porén, en 2013, a Suprema Corte de Xustiza da Nación de México resolveu o conflito limítrofe entre Quintana Roo, Campeche e o Iucatán derivada da creación do concello de Calakmul por Campeche en 1997, poñéndose do lado de Campeche e beneficiando así ó Iucatán.[3]