close
Saltar ao contido

Portal:Castela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
BERJAYAnull
Mapa de Castela Benvido ó Portal de Castela!
¡Bienvenido al Portal de Castilla!

Portal de Castela

BERJAYA

Castela (en castelán: Castilla) é o nome dunha rexión histórica española que se corresponde con parte dos territorios pertencentes ao antigo Reino de Castela.

A primitiva Castela xurdiu durante as orixes da Reconquista na cabeceira do Ebro, ante o pulo de cántabros e vascóns. Dependendo dos autores e as épocas, considérase composto de territorios diferentes. A evolución histórica fai aínda máis imprecisos os seus compoñentes: o Reino de Castela foi nun primeiro momento un condado dependente do Reino de León, que finalmente se separou deste, e posteriormente formou parte, xunto a outros reinos, da Coroa de Castela.

Así, o nome de Castela empregouse na Baixa Idade Media para denominar á Coroa de Castela, o conxunto de todos os territorios dos monarcas da Coroa (por contraposición ao resto de reis hispánicos, os de Aragón, Navarra e Portugal).

Artigo destacado

editar

BERJAYA
O Pacto Federal Castelán é o nome que recibiu un manifesto interno do Partido Republicano Federal de 1869 elaborado na cidade de Valladolid o 13 de xuño. O devandito documento estaba asinado por membros do partido das dezasete provincias que conformaban as rexións de Castela a Vella, Castela a Nova e León, agrupadas dende os pactos autonómicos de 1981 nas comunidades autónomas de Cantabria, A Rioxa, Castela e León, Madrid e Castela-A Mancha.

O devandito acordo contiña dous obxectivos fundamentais:

  • Reafirmar a necesidade dun cambio de réxime (a raíña Isabel II acababa de caer e pouco tempo despois se proclamaría a Primeira República Española, a cal aprobou unha constitución federalista).
  • Garantir que o novo sistema político que se constitúa recoñeza institucionalmente a identidade de Castela como pobo diferenciado, é dicir con dereito á súa propia articulación política.
Lugar de interese

editar

BERJAYA
Segovia é a cidade capital da provincia de Segovia, situada na meseta central española, pertence á comunidade autónoma de Castela e León. Sitúase na parte meridional da comunidade autónoma, na confluencia dos ríos Eresma e Clamores á beira da serra de Guadarrama.

A cidade vella de Segovia e o seu acueduto foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1985. É coñecida internacionalmente polo seu acueduto de 818 metros de longo, é considerada a obra de enxeñería civil romana máis importante de España, e é un dos monumentos máis significativos e mellor conservados dos que deixaron os romanos na Península Ibérica. Tamén destaca a súa catedral e o alcázar.

O nome de Segovia é de orixe celtibero, aínda que non se ten constancia do nome da cidade ata que Perico Livio noméaa como unha mansio preto de Cauca. A mención está referida á Guerra de Sertorio, cando os xenerais de Sertorio percorreron Hispania recrutando soldados no ano 79a.C. Tamén temos testemuño do topónimo da cidade en latín "Segovia" por unha moeda celtibérica de época de transición (probablemente de época tardo republicana) acuñada na cidade con valor dun ás. Antigamente asociábase a Segovia o topónimo "Segobriga" pero o descubrimento da cidade de Segobriga en Saelices (Cuenca) desmontou por completo esta teoría. Baixo a dominación romana e árabe, a cidade foi chamada Segovia (Σεγουβία, Tolomeo ii. 6. § 56) e Šiqūbiyyah (en árabe شقوبية) respectivamente.

BERJAYA Artigos de calidade (1)

BERJAYA Artigos bos (0)

Imaxe destacada

editar

BERJAYA
Pico Gilbo, na provincia de León.
Vexa o artigo Riaño.


...Arquivo
Biografía destacada

editar

BERJAYA
Isabel I de Castela, nada en Madrigal de las Altas Torres o 22 de abril de 1451 e finada en Medina del Campo o 26 de novembro de 1504. Foi raíña de Castela desde 1474 ata 1504, raíña consorte de Sicilia desde 1469 e de Aragón desde 1479, polo seu matrimonio con Fernando de Aragón. É chamada «a Católica», título que lles foi outorgado a ela e ao seu marido polo papa Alexandre VI mediante a bula Si convenit, o 19 de decembro de 1496. É polo que se coñece a parella real co nome de Reis Católicos, título que usarían en diante practicamente todos os reis de España.

Casou en 1469 co príncipe Fernando de Aragón. Polo feito de ser primos segundos necesitaban unha bula papal de dispensa que só conseguiron de Sisto IV a través do seu enviado o cardeal Rodrigo Borgia en 1472. Ela e o seu esposo Fernando conquistaron o reino de Granada e participaron nunha rede de alianzas matrimoniais que fixeron que o seu neto, Carlos, herdase as coroas de Castela e de Aragón, outros territorios europeos e se convertese en emperador do Sacro Imperio Romano.

Isabel e Fernando fixéronse co trono tras unha longa loita, primeiro contra o rei Henrique IV e de 1475 a 1479 na Guerra de Sucesión castelá contra os partidarios da outra pretendente ao trono, Xoana. Isabel reorganizou o sistema de goberno e a administración, centralizando competencias que antes ostentaban os nobres; reformou o sistema de seguridade cidadá e levou a cabo unha reforma económica para reducir a débeda que o reino herdara do seu medio irmán, e predecesor no trono, Henrique IV. Tras gañar a guerra de Granada os Reis Católicos expulsaron os xudeus dos seus reinos e, anos máis tarde, tamén os musulmáns.

Sabías que...?

editar

Illán de Vacas.

... Illán de Vacas (Toledo), con 6 habitantes, é o concello de España con menor número de habitantes?


...Arquivo
Portais relacionados
Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons

Wiktionary
Wiktionary

no Galizionario