Pernambuco
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2023.) |
Pernambuco[1] é un estado brasileiro localizado no centro-leste da rexión Nordeste. Ten como límites os Estados de Paraíba e Ceará ao noroeste, o océano Atlántico ao leste, Alagoas e Baía ao sur e Piauí ao oeste. Ocupa unha área de 98 281 km2 (un pouco máis grande que Hungría).
A súa capital e cidade máis poboada é Recife. Outras importantes cidades pernambucanas son Jaboatão dos Guararapes, Olinda, Caruaru, Paulista, Petrolina, Cabo, Vitória de Santo Antão e Santa Cruz do Capibaribe. A illa de Fernando de Noronha forma parte administrativa do estado de Pernambuco.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1534 a capitanía de Pernambuco foi doada a Duarte Coelho, quen fundou Recife e Olinda, e iniciou a cultura da cana de azucre, que tivo importante papel na historia económica do país.
Entre 1630 e 1654, quedou baixo dominio neerlandés, pasando por importantes transformacións culturais, económicas e sociais no goberno do conde Maurício de Nassau. Ó final, os holandeses foron expulsados. O sentimento nativista e autonomista, derivado da expulsión dos holandeses, acabou provocando a Guerra dos Mascates, entre as cidades de Olinda e Recife, nos anos 1710 e 1711.
A partir dese momento e coa decadencia da produción azucreira, a rexión entrou en declive. No século XIX, Pernambuco foi escenario dunha serie de revoltas separatistas, verificadas en 1811 (Conspiración dos Suasunas), 1817 (Revolución Pernambucana), 1825 (Confederación do Ecuador) e 1848 (Revolución Praieira). Despois da independencia do Brasil en 1822 tornouse provincia do Imperio. Coa república en 1889, tornouse estado.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Relevo e hidrografía
[editar | editar a fonte]O relevo do estado é moderado: 76% do territorio están abaixo dos 600m. Os ríos principais son o São Francisco, Capibaribe, Ipojuca, Una, Pajeú e o Jaboatão.
Clima
[editar | editar a fonte]O clima é basicamente tropical, presentando tamén variantes nalgunhas áreas: as cidades de Triunfo e Gravatá, por exemplo, presentan un clima máis ameno influenciado pola altitude. A pluviosidade tamén é variada. Na Zona da Mata (rexión plana xunta a costa, ao leste do estado) e no Agreste (zona de transición situada no interior), o clima é predominantemente tropical - quente e húmido, con fortes choivas de inverno. Na maior parte do sertão (centro e oeste do estado), o clima é semiárido - quente e bastante seco, debido ás poucas choivas. Nalgunhas rexións, as precipitacións anuais son inferiores a 300 mm. As secas máis intensas poden durar máis dun ano.
As excepcións na zona do sertão son algunhas cidades con clima de altitude, con temperaturas que poden caer a 8 °C durante o inverno, como Triunfo, e nas beiras do río São Francisco, área máis húmida que as veciñas por conta do río.
División administrativa
[editar | editar a fonte]Municipios
[editar | editar a fonte]








| Municipio | Área[2] | Mesorrexión | Microrrexión | |
|---|---|---|---|---|
| Abreu e Lima | Metropolitana | Recife | ||
| Afogados da Ingazeira | Sertão | Vale do Pajeú | ||
| Afrânio | São Francisco | Petrolina | ||
| Agrestina | Agreste | Brejo | ||
| Água Preta | Zona da Mata | Mata Meridional | ||
| Águas Belas | Agreste | Vale do Ipanema | ||
| Alagoinha | Agreste | Vale do Ipojuca | ||
| Aliança | Zona da Mata | Mata Setentrional | ||
| Altinho | Agreste | Brejo | ||
| Amaraji | Zona da Mata | Mata Meridional | ||
| Angelim | Agreste | Garanhuns | ||
| Araçoiaba | Metropolitana | Itamaracá | ||
| Araripina | Sertão | Araripina | ||
| Arcoverde | Sertão | Moxotó | ||
| Barra de Guabiraba | Agreste | Brejo | ||
| Barreiros | Zona da Mata | Mata Meridional | ||
| Belém de Maria | Zona da Mata | Mata Meridional | ||
| Belém de São Francisco | São Francisco | Itaparica | ||
| Belo Jardim | Agreste | Vale do Ipojuca | ||
| Betânia | Sertão | Moxotó | ||
| Bezerros | Agreste | Vale do Ipojuca | ||
| Bodocó | Sertão | Araripina | ||
| Bom Conselho | Agreste | Garanhuns | ||
| Bom Jardim | Agreste | Médio Capibaribe | ||
| Bonito | Agreste | Brejo | ||
| Brejão | Agreste | Garanhuns | ||
| Brejinho | Sertão | Vale do Pajeú | ||
| Brejo da Madre de Deus | Agreste | Vale do Ipojuca | ||
| Buenos Aires | Zona da Mata | Mata Setentrional | ||
| Buíque | Agreste | Vale do Ipanema | ||
| Cabo de Santo Agostinho | Metropolitana | Suape | ||
| Cabrobó | São Francisco | Petrolina | ||
| Cachoeirinha | Agreste | Vale do Ipojuca | ||
| Caetés | Agreste | Garanhuns | ||
| Calçado | Agreste | Garanhuns | ||
| Calumbi | Sertão | Vale do Pajeú | ||
| Camaragibe | Metropolitana | Recife | ||
| Camocim de São Félix | Agreste | Brejo | ||
| Camutanga | Zona da Mata | Mata Setentrional | ||
| Canhotinho | Agreste | Garanhuns | ||
| Capoeiras | Agreste | Vale do Ipojuca | ||
| Carnaíba | Sertão | Vale do Pajeú | ||
| Carnaubeira da Penha | São Francisco | Itaparica | ||
| Carpina | Zona da Mata | Mata Setentrional | ||
| Caruaru | Agreste | Vale do Ipojuca | ||
| Casinhas | Agreste | Alto Capibaribe | ||
| Catende | Zona da Mata | Mata Meridional | ||
| Cedro | Sertão | Salgueiro | ||
| Chã de Alegria | Zona da Mata | Vitória | ||
| Chã Grande | Zona da Mata | Vitória | ||
| Condado | Zona da Mata | Mata Setentrional | ||
| Correntes | Agreste | Garanhuns | ||
| Cortês | Zona da Mata | Mata Meridional | ||
| Cumaru | Agreste | Médio Capibaribe | ||
| Cupira | Agreste | Brejo | ||
| Custódia | Sertão | Moxotó | ||
| Dormentes | São Francisco | Petrolina | ||
| Escada | Zona da Mata | Mata Meridional | ||
| Exu | Sertão | Araripina | ||
| Feira Nova | Agreste | Médio Capibaribe | ||
| Fernando de Noronha | Metropolitana | Fernando de Noronha | ||
| Ferreiros | Zona da Mata | Mata Setentrional | ||
| Flores | Sertão | Vale do Pajeú | ||
| Floresta | São Francisco | Itaparica | ||
| Frei Miguelinho | Agreste | Alto Capibaribe | ||
| Gameleira | Zona da Mata | Mata Meridional | ||
| Garanhuns | Agreste | Garanhuns | ||
| Glória do Goitá | Zona da Mata | Vitória | ||
| Goiana | Metropolitana | Itamaracá | ||
| Granito | Sertão | Araripina | ||
| Gravatá | Agreste | Vale do Ipojuca | ||
| Iati | Agreste | Garanhuns | ||
| Ibimirim | Sertão | Moxotó | ||
| Ibirajuba | Agreste | Brejo | ||
| Igarassu | Metropolitana | Itamaracá | ||
| Iguaraci | Sertão | Vale do Pajeú | ||
| Ilha de Itamaracá | Metropolitana | Itamaracá | ||
| Inajá | Sertão | Moxotó | ||
| Ingazeira | Sertão | Vale do Pajeú | ||
| Ipojuca | Metropolitana | Suape | ||
| Ipubi | Sertão | Araripina | ||
| Itacuruba | São Francisco | Itaparica | ||
| Itaíba | Agreste | Vale do Ipanema | ||
| Itambé | Zona da Mata | Mata Setentrional | ||
| Itapetim | Sertão | Vale do Pajeú | ||
| Itapissuma | Metropolitana | Itamaracá | ||
| Itaquitinga | Zona da Mata | Mata Setentrional | ||
| Jaboatão dos Guararapes | Metropolitana | Recife | ||
| Jaqueira | Zona da Mata | Mata Meridional | ||
| Jataúba | Agreste | Vale do Ipojuca | ||
| Jatobá | São Francisco | Itaparica | ||
| João Alfredo | Agreste | Médio Capibaribe | ||
| Joaquim Nabuco | Zona da Mata | Mata Meridional | ||
| Jucati | Agreste | Garanhuns | ||
| Jupi | Agreste | Garanhuns | ||
| Jurema | Agreste | Garanhuns | ||
| Lagoa de Itaenga | Zona da Mata | Mata Setentrional | ||
| Lagoa do Carro | Zona da Mata | Mata Setentrional | ||
| Lagoa do Ouro | Agreste | Garanhuns | ||
| Lagoa dos Gatos | Agreste | Brejo | ||
| Lagoa Grande | São Francisco | Petrolina | ||
| Lajedo | Agreste | Garanhuns | ||
| Limoeiro | Agreste | Médio Capibaribe | ||
| Macaparana | Zona da Mata | Mata Setentrional | ||
| Machados | Agreste | Médio Capibaribe | ||
| Manari | Sertão | Moxotó | ||
| Maraial | Zona da Mata | Mata Meridional | ||
| Mirandiba | Sertão | Salgueiro | ||
| Moreilândia | Sertão | Araripina | ||
| Moreno | Metropolitana | Recife | ||
| Nazaré da Mata | Zona da Mata | Mata Setentrional | ||
| Olinda | Metropolitana | Recife | ||
| Orobó | Agreste | Médio Capibaribe | ||
| Orocó | São Francisco | Petrolina | ||
| Ouricuri | Sertão | Araripina | ||
| Palmares | Zona da Mata | Mata Meridional | ||
| Palmeirina | Agreste | Garanhuns | ||
| Panelas | Agreste | Brejo | ||
| Paranatama | Agreste | Garanhuns | ||
| Parnamirim | Sertão | Salgueiro | ||
| Passira | Agreste | Médio Capibaribe | ||
| Paudalho | Zona da Mata | Mata Setentrional | ||
| Paulista | Metropolitana | Recife | ||
| Pedra | Agreste | Vale do Ipanema | ||
| Pesqueira | Agreste | Vale do Ipojuca | ||
| Petrolândia | São Francisco | Itaparica | ||
| Petrolina | São Francisco | Petrolina | ||
| Poção | Agreste | Vale do Ipojuca | ||
| Pombos | Zona da Mata | Vitória | ||
| Primavera | Zona da Mata | Mata Meridional | ||
| Quipapá | Zona da Mata | Mata Meridional | ||
| Quixaba | Sertão | Vale do Pajeú | ||
| Recife | Metropolitana | Recife | ||
| Riacho das Almas | Agreste | Vale do Ipojuca | ||
| Ribeirão | Zona da Mata | Mata Meridional | ||
| Río Formoso | Zona da Mata | Mata Meridional | ||
| Sairé | Agreste | Brejo | ||
| Salgadinho | Agreste | Médio Capibaribe | ||
| Salgueiro | Sertão | Salgueiro | ||
| Saloá | Agreste | Garanhuns | ||
| Sanharó | Agreste | Vale do Ipojuca | ||
| Santa Cruz | Sertão | Araripina | ||
| Santa Cruz da Baixa Verde | Sertão | Vale do Pajeú | ||
| Santa Cruz do Capibaribe | Agreste | Alto Capibaribe | ||
| Santa Filomena | Sertão | Araripina | ||
| Santa Maria da Boa Vista | São Francisco | Petrolina | ||
| Santa Maria do Cambucá | Agreste | Alto Capibaribe | ||
| Santa Terezinha | Sertão | Vale do Pajeú | ||
| São Benedito do Sul | Zona da Mata | Mata Meridional | ||
| São Bento do Una | Agreste | Vale do Ipojuca | ||
| São Caetano | Agreste | Vale do Ipojuca | ||
| São João | Agreste | Garanhuns | ||
| São Joaquim do Monte | Agreste | Brejo | ||
| São José da Coroa Grande | Zona da Mata | Mata Meridional | ||
| São José do Belmonte | Sertão | Salgueiro | ||
| São José do Egito | Sertão | Vale do Pajeú | ||
| São Lourenço da Mata | Metropolitana | Recife | ||
| São Vicente Férrer | Agreste | Médio Capibaribe | ||
| Serra Talhada | Sertão | Vale do Pajeú | ||
| Serrita | Sertão | Salgueiro | ||
| Sertânia | Sertão | Moxotó | ||
| Sirinhaém | Zona da Mata | Mata Meridional | ||
| Solidão | Sertão | Vale do Pajeú | ||
| Surubim | Agreste | Alto Capibaribe | ||
| Tabira | Sertão | Vale do Pajeú | ||
| Tacaimbó | Agreste | Vale do Ipojuca | ||
| Tacaratu | São Francisco | Itaparica | ||
| Tamandaré | Zona da Mata | Mata Meridional | ||
| Taquaritinga do Norte | Agreste | Alto Capibaribe | ||
| Terezinha | Agreste | Garanhuns | ||
| Terra Nova | São Francisco | Petrolina | ||
| Timbaúba | Zona da Mata | Mata Setentrional | ||
| Toritama | Agreste | Alto Capibaribe | ||
| Tracunhaém | Zona da Mata | Mata Setentrional | ||
| Trindade | Sertão | Araripina | ||
| Triunfo | Sertão | Vale do Pajeú | ||
| Tupanatinga | Agreste | Vale do Ipanema | ||
| Tuparetama | Sertão | Vale do Pajeú | ||
| Venturosa | Agreste | Vale do Ipanema | ||
| Verdejante | Sertão | Salgueiro | ||
| Vertente do Lério | Agreste | Alto Capibaribe | ||
| Vertentes | Agreste | Alto Capibaribe | ||
| Vicência | Zona da Mata | Mata Setentrional | ||
| Vitória de Santo Antão | Zona da Mata | Vitória | ||
| Xexéu | Zona da Mata | Mata Meridional |
Economía
[editar | editar a fonte]| Agropecuaria | 7,7% |
| Industria | 33,3% |
| Comercio e Servizos | 59% |
A economía baséase na agricultura (cana de azucre, mandioca), gandería, na industria (alimenticia, química, metalúrxica, electrónica, téxtil) e turismo. O pau brasil, que espertou a cobiza dos europeos posibelmente ata antes da descuberta do Brasil, hoxe non ten máis importancia económica. Nos últimos anos, o turismo tamén se destaca economicamente.
Agricultura
[editar | editar a fonte]Dende o inicio da colonización portuguesa, o estado foi basicamente agrícola, destacando na produción nacional de cana de azucre debido ó clima e ao chan fértil. Nas últimas décadas, con todo, esa case monocultura feita para a produción de azucre e alcohol, vén terminando. Están a ser exploradas tamén a extracción doutros produtos vexetais, ademais da floricultura. Tamén ten grande importancia internacional a produción irrigada de froitas - case que totalmente dirixida á exportación - ao longo do río São Francisco e concentrada na cidade de Petrolina, en parte debido ó seu aeroporto internacional, con gran capacidade para avións de carga. O municipio de Gravatá é o segundo máis grande produtor de flores do país, detrás soamente de San Paulo.
Industria
[editar | editar a fonte]Industrias modernas concéntranse próximo ó porto de Suape, instalado en 1979. As principais industrias son de alimentos, química, de materiais eléctricos, comunicacións, metalurxia e minerios non-metálicos.
Turismo
[editar | editar a fonte]Nos últimos anos, unha das grandes fontes de renda do estado é o turismo, grazas ós atractivos naturais, históricos e culturais do estado. Este crecemento atraeu grandes redes internacionais de hoteis e levou á modernización e ampliación do aeroporto de Recife.
Os atractivos poden ser agrupados en:
- cidades de praia: Recife, Olinda, Jaboatão dos Guararapes, Itamaracá, Ipojuca (onde queda o famoso distrito de Porto de Galinhas), Serrambi
- ecoturismo e praias: na illa de Fernando de Noronha.
- monumentos históricos: o Recife Antigo, o centro histórico de Olinda, o Forte Orange (fortaleza construída polos holandeses na illa de Itamaracá) e outros.
- as festas tradicionais: o Carnaval de Olinda e Recife cos seus bloques de frevo, e as Festas Juninas (celebración dos santos populares católicos no mes de xuño) na cidade de Caruaru son os principais.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pernambuco". Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1616.
- ↑ Municipios de Pernambuco - IBGE
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pernambuco |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial Arquivado 17 de xuño de 2021 en Wayback Machine.

