La venganza
| La venganza | |||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||||||||
La venganza é un filme español de 1958 dirixido por Juan Antonio Bardem. Foi coprodudico por Italia, estando protagonizado polo actor italiano Raf Vallone. Francisco Rabal é o narrador do filme. Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1958[1] mais non se estreou nos cinemas de España até o ano seguinte. O filme tivo graves problemas por mor da censura e Bardem mesmo acabou en prisión, xerando un grande escándalo internacional. O filme foi nomeado ao Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 31ª edición dos premios.[2]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Juan regresa á aldea tras estar encerrado dez anos por un crime que non cometeu. Xunto coa súa irmá Andrea deciden vingarse de quen cren que é o culpable dos males da familia: Luis "o Torcido". Para iso, os dous irmáns uniranse a unha cuadrilla de segadores que procura traballo polos campos de Castela e cun xefe que é o seu rival.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Carmen Sevilla como Andrea Díaz
- Raf Vallone como Luis 'El Torcido'
- Jorge Mistral como Juan Díaz
- José Prada como Santiago 'El Viejo'
- Manuel Alexandre como Pablo 'El Tinorio'
- Manuel Peiró como Maxi 'El Chico'
- Conchita Bautista como cantante
- José Marco Davó
- Rafael Bardem
- Maria Zanoli
- Xan das Bólas como segador galego
- Rufino Inglés
- Ángel Álvarez
- Goyo Lebrero
- José Riesgo
Produción
[editar | editar a fonte]A rodaxe comezou o 26 de xuño de 1957 e rematou o 29 de setembro do mesmo ano.[3]
O filme tivo numerosos problemas coa censura, que chegou a prohibir o título orixinal que aparecía no guión escrito en 1957 (Los segadores),[4] por coincidir co título do himno catalán (Els Segadors). Unhas das esixencias foi cambiar o momento en que ocorría a acción (os anos 50 no guión) suxerindo que os feitos descritos acontecesen en 1935. "Deste modo, a dura situación social dos segadores que se describe no filme sería responsabilidade das autoridades republicanas e non das franquistas."[5] Ao final, Bardem situou a acción en 1931, quitándolle responsabilidade á República dos sufrimintos das personaxes.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ festival-cannes.com (ed.). "Festival de Cannes: Vengeance". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2012. Consultado o 14 de febreiro de 2009.
- ↑ oscars.org (ed.). "The 31st Academy Awards (1959) Nominees and Winners". Consultado o 27 de outubro de 2011.
- ↑ Cerón, J.F.: El cine de..., pág. 151-152.
- ↑ Cerón, J.F.: El cine de..., páx. 144.
- ↑ Cerón, J.F.: El cine de..., pág. 147.
- ↑ Cerón, J.F.: El cine de..., páx. 148.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cerón Gómez, Juan Francisco (1998). El cine de Juan Antonio Bardem (en castelán). Ediciones de la Universidad de Murcia. pp. 144–156. ISBN 978-84-8371-027-2.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- La venganza na IMDb (en inglés).
