close
Saltar ao contido

Fungato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fungato
Lycoperdon perlatum
Christiaan Hendrik Persoon 1796 Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
   L. perlatum (mul)   Editar o valor en Wikidata
 Nome común
   Fungato (gl)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Conservación
BERJAYA
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
 SuperreinoHolomycota
 ReinoFungi
 FiloBasidiomycota
 ClaseAgaricomycetes
 OrdeAgaricales
 FamiliaAgaricaceae
 XéneroLycoperdon
 EspecieLycoperdon perlatum Editar o valor en Wikidata
Pers., 1796 Lycoperdon perlatum Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/084w74 Editar o valor en Wikidata
UICN122090665 Editar o valor en Wikidata
CoL3WLKC Editar o valor en Wikidata
EOL162875 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O Lycoperdon perlatum é un cogomelo coñecido como fungato e tamén chamado fungón,[1] fungo de sapo ou bufo de vella.[2] É un tipo de cogomelo dos chamados peidos de lobo, fungos da familia das licoperdáceas de corpo frucífero globoso, abrancazados por fóra ao principio cheos dunha gleba branca, maciza (comestíbel) que ao madurar se transforma nun po pardo formado polas esporas.[2]

Características

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O fungo é branco e a medida que alcanza a madurez vaise tornando marrón. Posúe uns grans pequenos a modo de verrugas en toda a parte superior que se desprenden facilmente.

Pode ser atopado nos bosques de coníferas e de árbores de folla caduca, no verán, outono e primavera, especialmente xunto a excrementos de cervo.

Diferenciación

[editar | editar a fonte]

Pode confundirse co Lycoperdon echinatum, mais este é máis escuro, cun tinge avermellado ou co Lycoperdon mammiforme que é máis voluminoso e de cor crema.

Comestibilidade

[editar | editar a fonte]

É un fungo comestible pero só cando é novo e de cor branca.

Medicinal

[editar | editar a fonte]

Emprégase na medicina popular coma hemostático de uso externo. A masa esporífera aplícase directamente sobre das feridas, exercendo unha acción hemostática, antibiótica e cicatrizante[3].

Era frecuente empregar "o seu fume" (a masa esporífera) para tratar os problemas na pel dos cativiños, derivados polo uso dos cueiros.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cogomelos.
  2. 1 2 Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C) A Coruña, Deputación da Coruña, 2000
  3. Guía de Planta Medicinais de Galicia, Rigueiro, Romero, Silva-Pando e Bermejo, Galaxia,1996

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]