close
Saltar ao contido

Xixona

Xixona
 Nome orixinal
   BERJAYA Xixona (ca)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
BERJAYA Jijona (es)  
BERJAYA Xixona (ca)   Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
BERJAYA xixonenc (ca)  
BERJAYA xixonenca (ca)  
BERJAYA Jijonenco (it)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
Características
 Lingua oficial
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Continente
 Capital
 Contén núcleo de poboación
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
7.304 (2001) rexistro civil
7.353 (2002) rexistro civil
7.369 (2003) rexistro civil
7.400 (2004) rexistro civil
7.494 (2005) rexistro civil
7.596 (2006) rexistro civil
7.553 (2007) rexistro civil
7.575 (2008) rexistro civil
7.516 (2009) rexistro civil
7.407 (2010) rexistro civil
7.429 (2011) rexistro civil
7.423 (2012) rexistro civil
7.366 (2013) rexistro civil
7.226 (2014) rexistro civil
7.205 (2015) rexistro civil
7.057 (2016) rexistro civil
6.895 (2017) rexistro civil
6.875 (2018) rexistro civil
6.865 (2019) rexistro civil
6.879 (2020) rexistro civil
6.861 (2021) rexistro civil
6.860 (2022) rexistro civil
7.032 (2023) rexistro civil
7.307 (2024) rexistro civil
7.669 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   3.523 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   3.342 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   163,76 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   453 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal03100 Editar o valor en Wikidata
Código INE03083 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap346032 Editar o valor en Wikidata
VIAF125502446 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02z7c8 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: ajuntamentdeXixona Enciclopedia Galega Universal: 206025 BNE: XX452844 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Xixona[1] (en valenciano: Xixona, en castelán: Jijona, as dúas denominacións cooficiais) é un concello do País Valenciano, situado na comarca do Alacantí, na provincia de Alacant. É famoso por ser o lugar onde se produce o doce de Nadal do turrón, tanto a variedade de Xixona como a de Alacant. Ten 7.575 habitantes (INE 2008).

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Atópase situada a 25 km ao norte de Alacant. No seu termo municipal atópanse tamén a montaña e o porto da Carrasqueta, paso natural para comunicar Alacant con Alcoi. Polo suroeste do termo pasa o río Montegre, que proveniente do pantano de Tibi diríxese cara á Horta de Alacant. Ao seu paso polo municipio xixonenco atópase a pequena pedanía de Montnegre. A súa montaña máis alta é "La Carrasqueta" con 1.300 metros de alzada (1.020 metros ao paso da estrada N-340).

O termo municipal está poboado de inmensas fragas de piñeiros e carrascas en altas montañas de máis de 1.000 msnm, o que dá lugar a vistas de vales e barrancos en vertical, así como do mar Mediterráneo debido á súa proximidade; con todo, outras partes do seu termo municipal, as máis próximas á costa, sofren dunha desertización preocupante.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Xixona ten 7.575 habitantes (INE 2008).

Evolución demográfica de Xixona[2]
185718871900191019201930194019501960197019811991200020062008
Poboación6.0286.2126.9017.3236.8626.0596.9425.7296.3838.1178.8167.8677.3377.5967.575

A poboación flutúa segundo a estación do ano; no verán o número de habitantes é menor.

Economía

[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente, a economía xixonenca baseouse nunha dualidade entre a produción e comercialización de xeados no verán e a de turrón en inverno, complementada pola agricultura de secaño, na cal destacaba o cultivo da amedoeira, cuxo froito é materia prima para o turrón. Durante os séculos XIX e XX, foi natural que durante gran parte do ano moitos xixonencos se atopasen repartidos por todo o mundo, coma por exemplo en Cuba e outras partes de Iberoamérica vendendo os seus xeados e turróns. Existen moitas marcas artesás e fábricas de turrón.

Monumentos e lugares de interese

[editar | editar a fonte]
  • El Castell: un castelo, edificio de interese arquitectónico, onde destaca a súa Torre Grossa.
  • Convent del Orde dels Pares Franciscans: edificio de interese arquitectónico barroco e neoclásico.
  • Ermida de Santa Bàrbara.
  • Igrexa de Santa Maria.
  • Museo do Turrón, onde se conservan lembranzas da familia Sirvent Selfa fundadora das marcas El Lobo e 1880.

Celébranse festas de Mouros e cristiáns na segunda quincena de febreiro. Estes Mouros e Cristiáns son tamén chamados "Festas dos Xeadores".

As festas patronais da localidade, tamén de Mouros e Cristiáns, celébranse en agosto, na fin de semana máis achegada ao día 24, San Bertomeu, co-patrono de Xixona xunto a Sant Sebastià.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Editorial Galaxia, ed. Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. p. 1296. ISBN 9788482887524.
  2. Fonte: Poboación de feito segundo o Instituto Nacional de Estadística. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842 Arquivado 11 de marzo de 2009 en Wayback Machine. Series de poboación dos municipios dende 1996. Arquivado 18 de abril de 2010 en Wayback Machine.