close
Saltar ao contido

Renfe Proximidades

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
BERJAYA Renfe Proximidades
Logotipo
Imaxe
 Subclase de
Localización
 País
 Mapas
Mapa de localización
Códigos e identificadores
Freebase/m/09q8kv Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
BERJAYA
Vista do interior dos novos trens Civia.
BERJAYA
Trens de Proximidades estacionados en Blanes (Xirona).

Renfe Proximidades (en castelán: Renfe Cercanías, en valenciano: Renfe Rodalia, en éuscaro: Renfe Aldiriak) é unha división da compañía ferroviaria española Renfe Operadora, dedicada á xestión e explotación de redes de proximidades, que unen os diferentes núcleos dunha área metropolitana mediante liñas de alta capacidade e frecuencia.

Naqueles núcleos que contan con lingua cooficial, Renfe usa adaptacións da marca xeral ás devanditas linguas xunto á marca nacional. Así, o servizo recibe tamén o nome de Renfe Rodalia na Comunidade Valenciana[1] e Renfe Aldiriak no País Vasco[2][3]; así mesmo, ata 2010 tamén usou a marca Renfe Rodalies en Cataluña.[4]

Actualmente, Renfe Proximidades xestiona e opera en exclusiva os núcleos de proximidade de Asturias, Cádiz, Cantabria, Galiza Madrid, Málaga, Sevilla e Zaragoza.[5]​ Está presente, xunto a outras compañías públicas autonómicas, nos núcleos de proximidade de Bilbao, Murcia/Alacant, Donostia, Barcelona, e Valencia. Naquelas rexións onde non opera en exclusiva, Renfe Proximidades ten a súa propia rede, do mesmo xeito que os outros operadores, sen compartir vías ou liñas. Nalgúns dos núcleos existen entes públicos que exercen de autoridades de transporte; é habitual que estes ofrezan billetes integrados que permiten o transbordo entre diferentes transportes, entre os que se adoitan incluír aqueles ofrecidos por Renfe.

Renfe tamén xestionaba e operaba o núcleo denominado Proximidades Barcelona, formado por unha vasta rede ferroviaria suburbana que serve á capital catalá e á súa provincia, estendéndose tamén a algunhas poboacións de Tarragona e Xirona. O 1 de xaneiro de 2010, a competencia de xestión foi transferida á Generalitat de Catalunya, pero mantense a explotación das liñas[6] por parte da compañía, agora baixo o mando do réxime autonómico. O núcleo integrouse no novo servizo unificado Rodalies de Catalunya, que aglutina todas as liñas de proximidade do territorio catalán, incluíndo aquelas operadas pola compañía autonómica Ferrocarrils de la Generalitat de Catalunya (FGC). Expúxose a posibilidade de estender a rede explotada por Renfe Proximidades, como no caso de Lleida.[7]

Material móbil

[editar | editar a fonte]

Nos servizos de Proximidades Renfe empréganse as seguintes series:

SerieNúcleo(s) onde circulaImaxe
433 Asturias BERJAYA
435 Asturias BERJAYA
436 Bilbao, Asturias BERJAYA
438 Cantabria BERJAYA
442MadridBERJAYA
446Bilbao, Cantabria, Córdoba, Donostia, Madrid e SevillaBERJAYA
447Barcelona, Cantabria, Donostia, Murcia/Alacant, Tarragona, Valencia e XironaBERJAYA
450/451Barcelona e MadridBERJAYA
526 Asturias, León BERJAYA
529 Galiza e Murcia/Alacant BERJAYA
592Murcia/Alacant e ValenciaBERJAYA
CiviaAsturias, Barcelona, Cádiz, Cantabria, Madrid, Málaga, Sevilla, Valencia, Xirona e ZaragozaBERJAYA
  1. Cercanías Valencia
  2. Cercanías Bilbao
  3. Cercanías San Sebastián
  4. Cercanías Barcelona
  5. Cercanías Renfe
  6. El Periódico Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine., La Generalitat gestionará Cercanías a partir del 1 de enero de 2010.
  7. "Noticia en La Vanguardia". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 27 de xullo de 2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]