close
Saltar ao contido

Kotor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kotor
 Nome orixinal
BERJAYA Kotor (cnr-latn)  
BERJAYA Котор (cnr-cyrl)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
   BERJAYA Kotor (cnr)   Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
   BERJAYA cattarini (it)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Membro de
Historia
 Acontecementos importantes
Localización
 Situado en
BERJAYA Kotor (pt) Traducir, Montenegro Editar o valor en Wikidata
 Localizado na área protexida
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
1.401 (1991) censo
1.331 (2003) censo
961 (2011) censo
562 (2023) censo Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal85330 Editar o valor en Wikidata
VIAF137836313 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01pjn0 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata G:Commons C:Commons

Kotor (en cirílico Котор), é unha pequena cidade de 13.510 habitantes, pertencente á república de Montenegro, situada na costa adriática. É capital do concello homónimo. Antiga cidade mariñeira, está circundada por unha impoñente muralla, aínda ben conservada. Está incluída na Lista do Patrimonio da Humanidade da UNESCO.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A urbe érguese nas denominadas Bocas de Kotor (Boka Kotorska), unha articulada serie de profundas baías, que penetran uns 30 km no interior continental, perfectamente protexidas do mar aberto, que forman o maior porto natural do mar Adriático e que lembran, pola seus rebordes montañosos, os fiordes noruegueses. Kotor sitúase ao pé do macizo do monte Lovcen (1.749 m). Ao tempo as Bocas de Kotor constitúen unha das paisaxes máis encantadoras do mar Mediterráneo, que garante á zona un afluxo turístico en costante aumento.

Entre 1420 e 1797, Kotor e a rexión circundante pertenceron á República de Venecia, que a denominaron Cattaro, e a influencia véneta é aínda visíbel na arquitectura da cidade. Durante ese tempo foron rexeitados ataques otomáos en 1539 e 1657, aínda que ocuparían outras cidades das Bocas, o que deprimíu o até entón floreciente comercio dos ribeiráns.

Patrimonio monumental

[editar | editar a fonte]
  • Catedral de san Trifón (Sveti Tripun), católica, a parte máis antiga é da segunda metade do século XII; entanto a fachada é do século XVII.
  • Igrexa de San Lucas, ortodoxa.
  • Cidadela de San Xoán (Sveti Ivan), sita a 260 m de altura, dominando a cidade.
  • Pazo Grgurina, do século XVIII, convertido en Museo da Mariña.
  • Praza de Armas.
  • Murallas de Kotor.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]