Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo.
A ciencioloxía é un sistema de crenzas, ensinanzas e rituais, orixinariamente establecidas como unha filosofía secular en 1952 polo escritor de ciencia ficciónL. Ron Hubbard, quen en 1953 reformulou a ciencioloxía nunha filosofía relixiosa aplicada.
As crenzas centrais da ciencioloxía son que cada persoa é un ser espiritual inmortal que posúe unha mente e un corpo, e que as persoas son basicamente boas. Para acadar a salvación definitiva hai que levar unha vida de mellora espiritual.
Para a ciencioloxía hai tres compoñentes básicos interrelacionados, que son o fundamento do benestar: afinidade, realidade e comunicación, o que Hubbard chamou o triángulo ARC.