close
Saltar ao contido

Xosé Lois Vilar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXosé Lois Vilar Pedreira
Biografía
Nacementofebreiro de 1965 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Baiona Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónArqueólogo e empresario
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor en Wikidata

BNE: XX4764594 BUSC: vilar-pedreira-xose-lois Dialnet: 2969682

Xosé Lois Vilar Pedreira, nado en Baiona en 1965, é un activista cultural, empresario, arqueólogo e historiador galego, especialista en toponimia e arqueoloxía da costa sur de Galicia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É o máis vello de sete irmáns. Licenciado en Xeografía e Historia, é Director da sección de Arqueoloxía e Prehistoria do Instituto de Estudos Miñoranos e membro da Asociación Galega de Onomástica. Realizou escavacións e estudos no Val Miñor (Chan do Cereixo en Donas, Panxón…), Toralla, Esposende e As Neves, con especial dedicación á arte rupestre. Tamén imparte charlas sobre a materia e conferencias en universidades. Realiza visitas guiadas ós petróglifos de toda a provincia. Ademais é presidente da Asociación de defensa Medioambiental SOS a Serra da Groba.[1]

Foi nas listas do BNG de Baiona nas Eleccións municipais de 2011.[2]

Como empresario é o dono dunha cadea de froiterías.

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  1. Rexistro municipal de asociacións de Medio Ambiente Concello de Baiona.
  2. "«Lista de candidatos polo BNG-Baiona ás eleccións municipais 2011»". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2016. Consultado o 10 de setembro de 2016.
  3. Raigame. Revista de Arte, Cultura e Tradicións Populares n.º 22 Arquivado 07 de xullo de 2013 en Wayback Machine., Deputación de Ourense.
  4. "Toponimia marítima e fluvial desde o Miño a Panxón" Arquivado 19 de setembro de 2016 en Wayback Machine. en Ardentia n.º 3 Arquivado 19 de setembro de 2016 en Wayback Machine. ISSN 1699-3128.
  5. "Talasonimia da costa sur de Galicia" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de setembro de 2019. Consultado o 13 de setembro de 2016.
  6. "En 65 km de costa recollemos 1.600 topónimos, e hai para todos os gustos…" CCG, 24/11/2008.
  7. Sousa, Xulio (ed.) (2010). Toponimia e cartografía. Consello da Cultura Galega.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]