Vigo, Vigo
| Vigo | |
|---|---|
A cidade de Vigo | |
| Concello | Vigo[1] |
| Provincia | Pontevedra |
| Poboación | 198.293 hab. (2022) |
| Entidades de poboación | 1[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Vigo[2] é unha parroquia civil, unha entidade singular, a efectos censuais[2], e unha cidade do concello de Vigo que limita coas parroquias de Alcabre, Navia, Matamá, Castrelos, Freixeiro, Sárdoma, Lavadores, Candeán e Teis.
Demografía
[editar | editar a fonte]Segundo o IGE, no ano 2022, tiña 198.293 habitantes (92.401 homes e 105.892 mulleres)[2].
Xeografía
[editar | editar a fonte]Abrangue o espazo das vellas parroquias de Santa María de Vigo e Santiago de Vigo, xunto co resto de territorio que foi absorbendo a cidade, en detrimento das vellas parroquias. No IGE tamén se computan os habitantes doutras parroquias históricas, como Coia e Bouzas [2], ademais de barrios novos como Balaídos, A Dobrada, O Calvario, As Travesas, A Florida, San Paio, San Xoán do Monte...
Monumentos
[editar | editar a fonte]Os monumentos máis destacados son a Colexiata de Santa María de Vigo, do 1816, e a imaxe do Cristo da Vitoria, realizada en torno ó 1680. No Castro varias escavacións arqueolóxicas remataron co achado de construcións pertencentes ós séculos II a.C. ata o III d.C. Tamén en pleno centro urbano, localizouse un importante sitio arqueolóxico romano baixo restos dos séculos XIX, XVII e medievais.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Casa do Concello.
- Edificio Mulder (1910) de Manuel Gómez Román.
- Feira artesán.[3]
- Rúa Pescadería.[4]
- O Sereo de Paco Leiro na Porta do Sol.
- Praza da Constitución.
- Gardacostas da Xunta atracado en Vigo.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- 1 2 3 4 "Nomenclátor estatístico de Galicia". www.ige.gal. Consultado o 2023-09-07.
- ↑ Ofeitoaman.org
- ↑ "Rúa Pescadería e o nome oficial.". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 01 de abril de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Vigo no concello de Vigo (Pontevedra) | |
|---|---|
| A Galipedia ten un portal sobre: Vigo |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]

