close
Saltar ao contido

Universidade de Manchester

 Universidade de Manchester
Logotipo
Imaxe
 Composto por
Características
 Lingua usada
 Forma xurídica
Implicados
 Afiliación
Datas
 Fundación / creación
1824 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substitúe
Localización
 Localización
 Sede
 Enderezo
University of Manchester, Oxford Road, Manchester, M13 9PL Editar o valor en Wikidata
 País
 Coordenadas
Códigos e identificadores
Código postalM13 9PL Editar o valor en Wikidata
VIAF157695433 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000121662407 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0lbfv Editar o valor en Wikidata
WordLiftdata.wordlift.io… Editar o valor en Wikidata
OpenAlexI28407311 e P4310311771 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Teléfono
+44-161-275-2000 e +44-1612752000 Editar o valor en Wikidata
 Descrito pola fonte
Twitter: OfficialUoM BNE: XX140536 Dialnet: 2633847 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
BERJAYA
Edificio Whitworth, Oxford Road
BERJAYA
O Museo de Manchester

A Universidade de Manchester, en inglés University of Manchester, é unha universidade pública de Manchester, Inglaterra.

A universidade formouse en 2004 ao unir a Universidade Victoria de Manchester (fundada en 1851) e a UMIST (fundada en 1824) e desde entón algúns dos edificios foron demolidos e construídos outros novos no seu lugar.

Os antigos edificios da UMIST están no campus de Sackville Street e os da antiga Universidade de Manchester no campus de Oxford Road. Hai un campus residencial máis ao sur no suburbio de Fallowfield. Os primeiros edificios da universidade datan de 1872 (oeste de Oxford Road) e foron ocupados polo Owens College en 1873. Desde a década de 1950 as instalacións para a ciencia e a tecnoloxía ocuparon unha zona ao leste de Oxford Road e a facultade de medicina trasladouse alí a principios dos anos 70.

Estrutura

[editar | editar a fonte]

Estudantes e persoal

[editar | editar a fonte]

En 2007-08, tiña máis de 40.000 estudantes estudando 500 programas académicos, máis de 10.000 empregados e uns ingresos anuais de £ 637 millóns. É a maior universidade dun só campus do Reino Unido.

Facultades

[editar | editar a fonte]
  • Facultade de Bioloxía, Medicina e Saúde
    • Facultade de Ciencias Médicas
    • Facultade de Ciencias Biolóxicas
    • Facultade de Ciencias da Saúde
  • Facultade de Ciencias e Enxeñaría
    • Escola de Enxeñaría
    • Facultade de Ciencias Naturais
  • Facultade de Humanidades
    • Escola de Artes, Idiomas e Culturas
    • Escola de Medio Ambiente, Educación e Desenvolvemento
    • Facultade de Ciencias Sociais
    • Alliance Manchester Business School

Institucións

[editar | editar a fonte]
BERJAYA
O mapa do campus
  • Observatorio Jodrell Bank
  • Galería de Arte Whitworth
  • Museo de Manchester, creado en 1867, está situado en Oxford Road, entre os edificios de estilo neogótico da universidade. Contén preto de seis millóns de artigos procedentes de todos os continentes e serve tanto como recurso para a investigación e docencia académicas como como museo público rexional.
  • Manchester University Press
  • Contact Theatre

Biblioteca

[editar | editar a fonte]
BERJAYA
Biblioteca John Rylands

A John Rylands University Library é a biblioteca e o servizo de información da universidade. Formouse en xullo de 1972 a partir da fusión da biblioteca da Universidade Victoria de Manchester coa John Rylands Library.[1] [2] O 1 de outubro de 2004 uniuse á biblioteca do Instituto de Ciencia e Tecnoloxía da Universidade de Manchester (UMIST) pola fusión das dúas universidades[3].

A biblioteca principal está no campus de Oxford Road da Universidade e as coleccións especiais están na Biblioteca John Rylands, Deansgate, no centro da cidade. A Biblioteca é unha National Research Library (un premio do Higher Education Funding Council for England ): a única no norte de Inglaterra[4].

  1. Guardian, The (London); Jul. 20, 1972
  2. Manchester Evening News; Jul. 19, 1972
  3. "Umist and Victoria - an impressive legacy". www.theguardian.com (en inglés). Consultado o 2022-07-10.
  4. "The JRUL". Google.co.uk (en inglés). Consultado o 2022-07-10.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]