TriNa é unha marca española de bebidas refrescantes. A compañía pertence desde 1990 a Cadbury-Schweppes, que cambiou o nome da empresa ao actual. O seu nome provén dunha abreviación da anterior denominación, Trinaranjus.
Esta bebida caracterízase e diferénciase doutros refrescos como Fanta en que TriNa non ten gas e contén un mínimo do 6% de zume.
O primeiro refresco de TriNa comercializouse en 1933. Creado en Valencia polo Doutor Trigo, consistía nun refresco de laranxa sen gas comercializado como Trinaranjus, e cuxa botella gardaba unha forma similar á laranxa. A compañía mantívose ao longo dos anos e comercializou outros sabores ao longo do tempo, consolidándose como unha das marcas máis importantes en refrescos sen gas de España.
En 1990 a compañía é adquirida pola multinacional Cadbury-Schweppes. Desde entón a compañía explotou outros mercados de bebidas como o té ou os zumes de froita.