The Quest
| The Quest | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||||
The Quest é un filme estadounidense dirixido e protagonizado por Jean-Claude Van Damme que se estreou en 1996. É o primeiro filme dirixido por Van Damme e o argumento baséase nun torneo internacional de artes marciais.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Van Damme interpreta a Christopher Dubois, un pallaso acróbata e carteirista que vive nas rúas de Nova York en 1925. Despois de roubarlle á mafia, debe escapar da cidade como polisón nun barco. É finalmente descuberto pola tripulación e posto en prisión por contrabandistas e piratas. É rescatado por un mercenario británico chamado Lord Edgar Dobbs (Roger Moore), que logo o vende como escravo a unha illa onde Dubois aprende o estilo de pelexa tailandés, o muay thai. Dobbs axuda a Dubois, mercando a súa liberdade para que o agora experto poida representar ós Estados Unidos nun kumite celebrado nunha cidade perdida do Tíbet, onde representantes de diferentes países como Alemaña, a Unión Soviética, Escocia, España, Turquía, Brasil, Siam, Corea, Grecia, Francia, China, Xapón, Okinawa, África e Mongolia combaten pola eliminación, e o gañador do torneo recibe unha valiosa estatua dun Dragón de ouro puro.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Jean-Claude Van Damme como Christopher Dubois
- Roger Moore como Lord Edgar Dobbs
- Janet Gunn como Carrie Newton
- James Remar como Maxie Devine
- Jack McGee como Harri Smythe
- Aki Aleong como Khao
- Abdel Qissi como Khan, o loitador mongol
- Louis Mandylor como Riggi
- Chang Ching Peng Chaplin como Mestre Tchi
- Ryan Cutrona como Oficial O'Keefe
- César Carneiro como Loitador brasileiro
- Peter Wong como Loitador chinés
- Kōji Kitao como Loitador xaponés
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
