TanSat
Aparencia
| TanSat | |
|---|---|
| Tipo | Científico |
| Organización | Chinese Academy of Sciences (CAS) |
| Contratistas principais | CAS, SIMIT |
| Data de lanzamento | 21 de decembro de 2016[1][2][3] |
| Foguete portador | CZ-2D[2][4] |
| Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan[2][3][4][5] |
| Obxectivo da misión | Medición da concentración de dióxido de carbono na atmosfera.[2][3][4][5] |
| NSSDC ID | 2016-081A |
| Masa | 500 kg[4][2] |
| Datos orbitais | |
| Semieixo maior | 7076 km[1] |
| Inclinación | 98,5°[1] |
| Apoapse | 720,6 km[1] |
| Periapse | 689,7 km[1] |
TanSat, tamén coñecido como CarbonSat, é un satélite artificial da China lanzado o 21 de decembro de 2016 a bordo dun foguete CZ-2D desde o Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan.[1][2][4][5]
Características
[editar | editar a fonte]TanSat é o primeiro satélite da República Popular China adicado á medición do dióxido de carbono na atmosfera. Cuns 500 kg de masa, leva dous instrumentos a bordo:[1][2][4][5]
- CarbonSpec, un espectrómetro de alta resolución para medir a absorción no infravermello próximo do dióxido de carbono.
- CAPI (Cloud and Aerosol Polarimetry Imager), para facer medicións de alta resolución de nubes e aerosoles e compensar os erros na medición do CO2.
O bus do satélite foi deseñado e desenvolvido polo Instituto de Microsistemas e Tecnoloxías da Información de Shanghai (SIMIT).[1][2][4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 6 7 8 N2YO (2024). Real Time Satellite Tracking, ed. "TANSAT" (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2024.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 NASA (28 de outubro de 2022). "TanSat" (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2024.
- 1 2 3 "Note verbale dated 21 August 2018 from the Permanent Mission of China to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (19-08961 (E)). 20 de febreiro de 2020: 6. Consultado o 13 de xaneiro de 2025.
- 1 2 3 4 5 6 7 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "TanSat (CarbonSat)" (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2024.
- 1 2 3 4 5 Mark Wade (2024). "TanSat" (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2024.
