close
Saltar ao contido

Sisón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sisón
Tetrax tetrax
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome curto
T. tetrax Editar o valor en Wikidata
 Categoría taxonómica
 Conservación
BERJAYA
Especie case ameazada
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeOtidiformes
FamiliaOtididae
XéneroTetrax
EspecieTetrax tetrax Editar o valor en Wikidata
Linnaeus, 1758 Tetrax tetrax Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Masa
   41 g peso de nacemento Editar o valor en Wikidata
 Envergadura
   110 cm Editar o valor en Wikidata
 Tamaño da niñada
   3,5 Editar o valor en Wikidata
 Período de incubación
   21 d Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/01zz0n Editar o valor en Wikidata
ITIS563379 Editar o valor en Wikidata
OTT5027 Editar o valor en Wikidata
UICN22691896 Editar o valor en Wikidata
CoL55TXX Editar o valor en Wikidata
EOL45513581 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Wikidata G:Commons C:Commons
BERJAYA
Tetrax tetrax

O sisón[1] (Tetrax tetrax) é o representante de menor tamaño da familia das avetardas.

Descrición

[editar | editar a fonte]

O sisón mide entre 40 e 45 cm de longo e ten unha envergadura de ás de entre 83 e 91 cm. Pesa entre 500 e 900 g. Na plumaxe nupcial o macho ten o pescozo negro con dúas faixas brancas. A cabeza e a gorxa son gris azuladas, a parte superior do corpo de cor castaña-area con debuxos escuros e a parte inferior, branca. As femias e os machos na plumaxe de eclipse son de cor castaña-area con manchas negras por riba. A barriga e o peito son brancos. Cando voan distínguense polas ás de lonxitude media e puntas arredondadas, bastante brancas pola parte superior.

Distribución

[editar | editar a fonte]

En Europa crían na Península Ibérica, sur de Francia,Sardeña e en puntos localizados da Italia penínsular e dos Balcáns. Están tamén presentes nas estepas que van do mar Negro ó lago Balkhash e no norte de África.

Viven en zonas abertas herbáceas ou cultivadas, de tipo estepario, onde dispoñan de herbas altas dabondo para se sentiren protexidos. A miúdo habitan áreas secas ou pedregosas.

Compórtanse coma emigrantes ou coma sedentarios dependendo das poboacións. Na parte máis meridional de Europa son sedentarios.

Distribución en Galicia

[editar | editar a fonte]

En Galicia a presenza do sisón é puntual sendo a súa distribución moi descontínua e fragmentada entre as catro provincias (véxase mapa de distribución). Confirmouse a súa presenza nas comarcas da Terra Chá (Lugo) e A Limia (Ourense).

Reprodución

[editar | editar a fonte]

Crían unha niñada ó ano entre abril e xuño. Durante o ritual de cortexo os machos ourizan as plumas do pescozo, amosan as ás e fan pequenos brincos por riba da vexetación. O reclamo do cortexo e un trrr que emiten cada 10 segundos.

Fan o niño no chan, ben agochado, no que poñen de tres a cinco ovos. As femias chocan e crían os polos sóas.

Comportamento e alimentación

[editar | editar a fonte]

Cando non están criando viven en grandes bandos. Comen sementes, raíces e insectos.

Situación

[editar | editar a fonte]

As súas poboacións están a reducirse drasticamente sobre todo pola perda dos seus hábitats, causada pola agricultura intensiva e o uso de pesticidas e insecticidas. A comezos do século XX foron eliminados de Centroeuropa, onde chegaron a criar en áreas tan ao norte coma Polonia. En Francia estanse a tomar medidas para evitar a súa desaparición.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Rob Hume Birds in Europe. Dorling Kindersly Limited, Londres 2002, ISBN 3-8310-0430-7
  • Anne Puchta & Klaus Richarz: Steinbachs großer Vogelführer. Eugen Ulmer KG, Stuttgart 2006, ISBN 3-8001-4864-1
  • Svensson, Grant, Mullarney & Zetterström: Der neue Kosmos-Vogelführer. Franckh-Kosmos Verlag-GmbH, Stuttgart 1999, ISBN 3-440-07720-9

Outros artigos

[editar | editar a fonte]