close
Saltar ao contido

Risa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Risa
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Oposto a
 Causado por
Códigos e identificadores
Freebase/m/01j3sz Editar o valor en Wikidata
MeSHD007845 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2780775679 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

A risa, o riso, a risada ou as gargalladas[1] son o acto de rir constante ou intensamente; son unha expresión facial, xeralmente unha reacción involuntaria a certos estímulos externos ou internos. A forma máis suave da mesma é o sorriso, que entre os humanos é unha expresión que indica pracer, sociabilidade e felicidade, sendo entendido do mesmo xeito nas diversas culturas, etnias e relixións.[2]

Non deben ser confundidas con outras expresións semellantes, mais involuntarias, que denotan nervosismo ou ansiedade.

O estudo do humor e o riso e os seus efectos psicolóxicos e fisiolóxicos no corpo humano chámase xelotoloxía.

Orixe e utilidade

[editar | editar a fonte]

A risa pode xurdir de actividades divertidas ou cómicas, ou de historias ou pensamentos humorísticos. Normalmente, considérase unha expresión visual dunha serie de estados emocionais positivos como a alegría, a felicidade, o alivio etc. Non obstante, nalgunhas ocasións, pode ser causada por estados emocionais contrarios como a vergoña, a desculpa ou a confusión (risa nerviosa) ou a educación.

BERJAYA
Home rindo a gargalladas.

Factores como a idade, o sexo, a educación, a lingua e a cultura son factores determinantes para que unha persoa experimente a risa nunha situación determinada.

O riso é unha parte do comportamento humano regulada polo cerebro, que axuda aos humanos a clarificar as súas intencións na interacción social e proporciona un contexto emocional para as conversas. Úsase como sinal de pertenza a un grupo, indicando aceptación e interaccións positivas cos demais. Ás veces considérase contaxioso, e o riso dunha persoa pode provocar o sorriso doutras como unha retroalimentación positiva. Isto pode explicar en parte a popularidade e os efectos situacionais das risas enlatadas nas comedias de televisión.[Cómpre referencia]

  1. "risa". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2026-06-01.
  2. Izard, Carroll E. (1971). The Face of Emotion. Nova York: Appleton-Century-Croft. ISBN 0-390-47831-8.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre psicoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.