close
Saltar ao contido

Penny Black

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Penny Black
 Nome orixinal
   Penny Black (en)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Características
 Cor
 Representa a
Implicados
 Inventor/a ou descubridor/a
Datas
 Fundación / creación
1 de abril de 1840 Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
1 de maio de 1840
6 de maio de 1840 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Sucedido por
Cifras e dimensións
 Total producido
   68.808.000 Editar o valor en Wikidata
 Valor facial
1 péni antigo (pt) Traducir
0,00416666666 £ Editar o valor en Wikidata
 Cantidade
   1.300.000 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de creación
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/01bfp6 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Wikidata C:Commons

O Penny Black foi o primeiro selo postal da historia, emitido polo Reino Unido o 1 de maio de 1840 e válido para uso postal dende o 6 de maio por iniciativa de Rowland Hill logo da reforma do sistema postal británico destinado a facer pagar ao expedidor segundo o peso do envío, e non ao destinatario e segundo a distancia como ata entón. O selo leva a efixie da raíña Vitoria.

Características

[editar | editar a fonte]

Para o seu deseño convocouse un concurso no que participaron máis de 2000 deseños e para o que había un premio de 600 libras, mais non houbo un gañador. O deseño base foi un medallón de William Wyon orixe igualmente da serie de moedas Young Head— realizado en 1837 para conmemorar a visita da raíña a Londres, foi pintado por Henry Corbould, gravado por Frederick e Charles Health e impreso por Perkins Bacon.[1] Tivo unha primeira tiraxe de 60.000 exemplares, pero ata ser retirado da circulación, en 1841, emitíronse 68.000.000 de exemplares, dos que se calculan que sobreviven 1.500.000.

Cada selo amosa as coordenadas do lugar que ocupaba inicialmente na folla de impresión. Esas coordenadas fórmanse con dúas letras, unha pola liña e outra pola columna: de AA a TL, que aparecen nos recantos dos selos e que permiten aos filatelistas reconstruír as follas completas dos primeiros selos británicos.

  1. "William Wyon & the Penny Black". The Royal Mint Museum (royalmintmuseum.org.uk).