Pena Mira
Aparencia
| Tipo | montaña | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| División administrativa | provincia de Zamora, España | |||
| ||||
Pena Mira é un pico da serra da Culebra de 1241 metros e que constitúe o seu cume máis elevado[1].
Localización
[editar | editar a fonte]Atópase na liña divisoria entre os concellos de Manzanal de Arriba e Figueruela de Arriba na comarca da Carballeda da provincia de Zamora. No bico desta montaña hai dúas enormes rochas que están separadas uns 300 metros e na máis alta sitúase un vértice xeodésico [1].
Orografía
[editar | editar a fonte]A serra presenta polo xeral unha orografía suave, con altitudes comprendidas maioritariamente entre os 800 e os 1.200 metros. Dende o punto de vista xeolóxico a elevación formouse mediante diversos dobramentos hercinianos.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Instituto Geográfico Nacional de España. "Reseña del vértice geodésico de Peña Mira" (PDF). Consultado o 27 de agosto de 2012.[Ligazón morta]

