close
Saltar ao contido

Oliver Smithies

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOliver Smithies
BERJAYA
Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de xuño de 1925 Editar o valor en Wikidata
Halifax Editar o valor en Wikidata
Morte10 de xaneiro de 2017 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Chapel Hill Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónBalliol College Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioquímica e xenética Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbiólogo, profesor universitario, bioquímico, xenetista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Toronto
Universidade de Wisconsin-Madison
Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill Editar o valor en Wikidata
Membro de
Interesado enXenética Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeNobuyo Maeda Editar o valor en Wikidata
Premios

WikiTree: Smithies-119 Find a Grave: 175204396 Editar o valor en Wikidata

Oliver Smithies (nado o 23 de xuño de 1925 – finado o 10 de xaneiro de 2017) foi un xenetista británico-norteamericano e bioquímico físico. É coñecido por introducir o uso de amidón como medio para a electroforese en xel en 1955,[1] e polo descubrimento, simultaneamente con Mario Capecchi e Martin Evans, da técnica da recombinación homóloga de ADN transxénico con ADN xenómico, un método moito máis fiable de alteración de xenomas animais que o usado previamente, e a técnica que se utiliza no gene targeting e os ratos knockout.[2][3][4] Recibiu o Premio Nobel de Medicina en 2007 polos seus traballos en xenética.[5][6]

Vida e educación

[editar | editar a fonte]

Smithies naceu en Halifax, West Yorkshire, Inglaterra, fillo de William Smithies e da súa esposa Doris, nada Sykes. Seu pai vendía seguros de vida e a súa nai ensinaba inglés no Halifax Technical College. Tivo un irmán xemelgo e unha irmá máis nova. Asistiu á escola primaria na vila próxima de Copley e despois á Heath Grammar School de Halifax.[7] Segundo el dixo, o seu amor pola ciencia orixinouse por unha temperá fascinación polas radios e os telescopios.[8]

Asistiu ao Balliol College, Oxford cunha bolsa de estudos Brackenbury, inicialmente estudando medicina. Estudou anatomía e fisioloxía, gañando un premio en anatomía, e graduouse con honras de primeira clase como licenciado (B.A.) en fisioloxía animal, incluíndo bioquímica, en 1946. Inspirado por tutoriais de Alexander G. Ogston sobre a aplicación da química física a sistemas biolóxicos, Smithies despois apartouse da medicina para obter unha segunda licenciatura en química.[7][8][9] Publicou o seu primeiro artigo de investigación, coa coautoría de Ogston, en 1948.[7] En 1951 conseguiu un grao de máster en Artes e outro de doutor (Ph.D.) en bioquímica baixo a supervisión de Ogston; a súa tese titulouse "Propiedades físico-químicas das solucións de proteínas".[10][11]

BERJAYA
Oliver Smithies (o segundo pola esquerda).

Smithies obtivo unha bolsa do Commonwealth Fund para ocupar un posto posdoutoral nos Estdos Unidos no laboratorio de J. W. Williams no Departamento de Química da Universidade de Wisconsin-Madison.[7] Un problema para obter a visa nos Estados Unidos, debido á unha condición da bolsa da Commonwealth Fund, forzouno despois a abandonar os Estados Unidos. De 1953 a 1960 traballou como membro da facultade como investigador asociado, baixo a dirección do investigador da insulina David A. Scott, no Laboratorio de Investigación Médica Connaught na Universidade de Toronto no Canadá.[7][8] Aprendeu xenética médica de Norma Ford Walker no Hospital de Nenos Doentes de Toronto.[12]

En 1960 Smithies tornou á Universidade de Wisconsin-Madison, onde traballou no Departamento de Xenética ata 1988 sucesivamente como axudante, asociado e profesor Leon J. Cole e Hilldale de Xenética e Xenética Médica.[8] Seguidamente, foi Profesor de Excelencia de Patoloxía e Medicina de Laboratorio na Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill.[13] Continuou o seu traballo no seu laboratorio alí diariamente aos seus oitenta e tantos anos.[3][14] Foi coautor de máis de 350 artigos de investigación e revisións, desde 1948 a 2016.[15]

Investigación

[editar | editar a fonte]

Smithies desenvolveu a técnica da electroforese en xel usando unha matriz de amidón, como unha investigación colateral (en principio improdutiva) nunha moléula precursora da insulina, na Univerdsidade de Toronto.[7][16] Isto mellorou a capacidade de resolver proteínas por electroforese.[3] Otto Hiller axudouno tecnicamente no seu último traballo de elecroforese. Usou a electroforese en amidón para revelar diferenzas entre as proteínas plasmáticas normais humanas, e en colaboración con Norma Ford Walker, demostrou que a variación era conxénita, o cal estimulou o seu interese na xenética.[7]

Mentres estivo na Universidade de Wisconsin na década de 1980, Smithies desenvolveu a técnica do gene targeting en ratos, un método para substituír un determinado xene do rato usando a recombinación homóloga. Mario Capecchi tamén desenvolveu esta técnica inpendentemente.[13][16] Estas investigacións foron a base de métodos usados en todo o mundo para investigar o papel de xenes determinados nunha ampla variedade de doenzas humanas, incluíndo o cancro, a fibrose quística e a diabetes.[17] En 2002, Smithies traballou coa súa muller, Nobuyo Maeda, estudando a hipertensión arterial usando ratos alterados xeneticamente.[13]

Premios e honras

[editar | editar a fonte]

Smithies recibiu en 2001 o Premio Albert Lasker de Investigación Médica Básica xuntamente con Martin Evans (Universidade de Cardiff) e Mario Capecchi (Universidade de Utah), polos seus traballos sobre a recombinación homóloga.[18] Recibiu o Premio Wolf de Medicina con Capecchi e Ralph L. Brinster en 2002/3.[19] Concedéronlle o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía de 2007 xunto con Capecchi e Evans "polos seus descubrimentos de principios para introducir modificacións en xenes específicos en ratos usando células nais embrionais."[5]

Outros premios seus son o Premio Internacional da Fundación Gairdner que recibiu en dúas ocasións, en 1990 e 1993,[20][21] o Premio de Carolina do Norte de Ciencia (1993),[22] o Premio Alfred P. Sloan, Jr. da Fundación General Motors xunto con Capecchi (1994),[23] o Premio Ciba da Fundación Americana do Corazón (1996),[16] o Premio Bristol Myers Squibb (1997),[24] o Premio da Asociación de Colexios Médicos Americanos de Investigacións Distinguidas compartido con Capecchi (1998),[16] o Premio Internacional Okamoto da Fundación para a Investigación en Doenzas Vasculares do Xapón (2000),[25] o Premio O. Max Gardner, o maior premio académico no sistema da Universidade de Carolina do Nortet (2002),[16] o Premio Massry da Fundación Meira e Shaul G. Massry (2002), compartido con Capecchi,[13] o Premio March of Dimes de Bioloxía do Desenvolvemento xuntamente con Capecchi (2005),[26] e a Medalla de Ouro do Instituto Americano de Químicos (2009).[27]

Smithies foi elixido membro da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos (1971),[16] a Academia Americana de Artes e Ciencias (1978),[16] a Asociación Americana para o Avance da Ciencia (1986),[16] o Instituto de Medicina (2003),[24] e como membro estranxeiro da Sociedade Real[28] (ForMemRS; 1998).[29] Recibiu doutorados honoris causa da Universidade de Chicago (1991),[30] a Universidade de São Paulo (2008)[31] e a Universidade de Oxford (2011).[32]

O Halifax Civic Trust colocou unha placa conmemorativa na súa honra.[33]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Smithies casou con Lois Kitze, unha viróloga da Universidade de Wisconsin na década de 1950; da que se separou en 1978.[7][9] A súa segunda muller, Nobuyo Maeda, é un profesora de patoloxía na Universidade de Carolina do Norte.[9] Smithies naturalizouse cidadán estadounidense,[34] e, malia padecer cegueira para as cores, conseguiu a licenza de piloto aéreo privado, xa que lle encantaba voar en planeadores.[8][9] Describiuse a si mesmo como ateo.[10]

Finou o 10 de xaneiro de 2017 aos 91 anos de idade.[35]

  1. Smithies, Oliver (decembro de 1955). "Zone electrophoresis in starch gels: group variations in the serum proteins of normal human adults". The Biochemical Journal 61 (4): 629–641. ISSN 0264-6021. PMC 1215845. PMID 13276348. doi:10.1042/bj0610629.
  2. Smithies, Oliver (2001). "Forty years with homologous recombination". Nature Medicine 7 (10): 1083–1086. ISSN 1078-8956. PMID 11590419. doi:10.1038/nm1001-1083.
  3. 1 2 3 Williams, R. (2011). "Oliver Smithies: Born Inventor". Circulation Research 108 (6): 650–652. ISSN 0009-7330. PMID 21415407. doi:10.1161/RES.0b013e318216f105.
  4. Gitschier, Jane (201). "The Whole of a Scientific Career: An Interview with Oliver Smithies". PLOS Genetics 11 (5 (número de artigo:e1005224)). ISSN 1553-7404. PMC 4447374. PMID 26020970. doi:10.1371/journal.pgen.1005224. open access
  5. 1 2 "The Nobel Prize in Physiology or Medicine 2007". The Nobel Foundation. Consultado o 8 de outubro de 2007.
  6. Skipper, Magda (2005). "An Interview With Oliver Smithies". Nature Reviews Genetics 6 (5): 350. ISSN 1471-0056. PMID 15880879. doi:10.1038/nrg1627.
  7. 1 2 3 4 5 6 7 8 "Oliver Smithies - Biographical". Nobelprize.org. Nobel Media. 2014. Consultado o 13 de xaneiro de 2017.
  8. 1 2 3 4 5 Altman, Lawrence K. (9 de outubro de 2007). "3 Win Nobel in Medicine for Gene Technology". The New York Times. Consultado o 10 de outubro de 2007.
  9. 1 2 3 4 Kolata, Gina (17 de outubro de 1995). "Scientist at Work: Oliver Smithies; Sprinting Along for Five Decades". The New York Times. Consultado o 10 de outubro de 2007.
  10. 1 2 "Oliver Smithies Interview: Session 1" (PDF). UCLA Oral History of Human Genetics. 27 de outubro de 2005. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de xaneiro de 2017. Consultado o 13 de xaneiro de 2017. Pero iso te indica a miña afiliación relixiosa, que non é moi forte, e debo dicir que non son nin sequera agnóstico. Son simplemente ateo na vida real.
  11. Smithies, Oliver (1951). Physico-chemical properties of solutions of proteins. jisc.ac.uk (Tese) (University of Oxford). Modelo:EThOS.[Ligazón morta]
  12. Oliver Smithies; Tom Coffman (2015). "A Conversation with Oliver Smithies". Annual Review of Physiology 77: 1–11. PMID 25668016. doi:10.1146/annurev-physiol-021014-071806.
  13. 1 2 3 4 "Smithies wins top award from Massry Foundation". University of North Carolina at Chapel Hill News Service. Consultado o 10 de outubro de 2007.
  14. Mark Derewicz (1 de xaneiro de 2008). "Life at the Bench". Endeavors. Consultado o 13 de xaneiro de 2017.
  15. "Bibliography". Dr. Oliver Smithies Research Archive. University of North Carolina. Consultado o 13 de xaneiro de 2017.
  16. 1 2 3 4 5 6 7 8 "Oliver Smithies, Carolina's first Nobel laureate, passes away at 91 – The University of North Carolina at Chapel Hill". The University of North Carolina at Chapel Hill. 11 de xaneiro de 2017.
  17. Oliver Smithies: Biography. Royal Society. Consultado o 13 de xaneiro de 2017.
  18. "2001 Albert Lasker Award for Basic Medical Research". Lasker Foundation. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 1 de outubro de 2007.
  19. Gurdon, Sir John (marzo de 2012). Wolf Prize in Medicine 1978–2008. World Scientific. ISBN 978-981-4291-73-6. doi:10.1142/7565.
  20. "Oliver Smithies MA, PhD: Recipient of the Canada Gairdner International Award, 1990". Gairdner Foundation. Consultado o 13 de xaneiro de 2017.
  21. "Oliver Smithies MA, PhD: Recipient of the Canada Gairdner International Award, 1993". Gairdner Foundation. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2017. Consultado o 13 de xaneiro de 2017.
  22. North Carolina Award for Science, 1993 Arquivado 15 de agosto de 2008 en Wayback Machine.: NC Award website. Consultado o 23 de xaneiro de 2008.
  23. "Previous Prize Winners: Alfred P. Sloan, Jr. Prize (1990 - 2002)". General Motors. Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2005. Consultado o 13 de xaneiro de 2017.
  24. 1 2 "Institute of Medicine elects Oliver Smithies". University of North Carolina at Chapel Hill News Service. Consultado o 10 de outubro de 2007.
  25. "Oliver Smithies wins major award from Japanese research foundation". University of North Carolina at Chapel Hill News Service. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2007. Consultado o 10 de outubro de 2007.
  26. "March of Dimes Awards $250,000 Prize to Pioneers in Genetic Research". March of Dimes. Consultado o 14 de novembro de 2014.
  27. "Gold Medal Award Winners". American Institute of Chemists. Consultado o 18 de xaneiro de 2015.
  28. Ballou, Byron (2024). "Oliver Smithies. 23 June 1925 — 10 January 2017". Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society 76: 389–415. doi:10.1098/rsbm.2023.0043.
  29. "Fellows of the Royal Society". Londres: Royal Society. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2015.
  30. "Commencements; First Lady Urges Tolerance at Northeastern Graduation". The New York Times. 16 de xuño de 1991. Consultado o 10 de outubro de 2007.
  31. "Oliver Smithies receives the Doctor Honoris Causa". University of São Paulo. Consultado o 13 de xaneiro de 2017.
  32. "Honorary degrees awarded at Encaenia". University of Oxford. Arquivado dende o orixinal o 2 de maio de 2013. Consultado o 16 de maio de 2013.
  33. "List of Blue Plaques". Halifax Civic Trust. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2019. Consultado o 30 de abril de 2019.
  34. "The y-chromosome is the biggest threat to humanity". The Local. 10 de decembro de 2007. Consultado o 23 de xaneiro de 2008.
  35. Gellene, Denise (11 de xaneiro de 2017). "Oliver Smithies, Tinkerer Who Transformed Genetics and Won a Nobel, Dies at 91". The New York Times. Consultado o 12 de xaneiro de 2017.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]