close
Saltar ao contido

Metro de Moscova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Metro de Moscova
 Nome oficial
   Московский метрополитен имени Владимира Ильича Ленина (ru)   Editar o valor en Wikidata
Logotipo
Imaxe
Fotomontaxe
 Instancia de
 Parte de
 Epónimo
 Estado de uso
Implicados
 Operador/a
 Membro de
Datas
 Fundación / creación
1935 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
15 de maio de 1935 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Historia
 Premios e distincións
Cifras e dimensións
 Clientela
2.442.400.000 (2017)
2.560.700.000 (2019)
2.169.434.842 (2023)
2.070.472.726 (2022)
1.900.625.491 (2021)
1.561.914.214 (2020) Editar o valor en Wikidata
 Prezo acceso
   75 ₽ (2025) Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   360 km Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Códigos e identificadores
OpenStreetMap16488878 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0hkhn Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: officialmosmetro Twitter: moscowmetro Instagram: mosmetro Telegram: metrooperativno VK: mosmetro Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons
BERJAYA
Estación Kievskaya (Киевская)
BERJAYA
Escaleiras do metro de Moscova

O metro de Moscova, en ruso: Московский метрополитен, tamén coñecido como o palacio subterráneo, foi inaugurado en 1935, e é actualmente o primeiro do mundo por densidade de pasaxeiros, transporta arredor de 3.341.500.000 persoas ao ano e cerca de 9,2 millóns de individuos ao día.[1] Posúe 200 estacións e unha lonxitude de tendido subterráneo de 333.4 quilómetros (quinto no mundo despois de Nova York, Londres, Madrid e Toquio) con 15 liñas.

Na liña BERJAYA, con forma de anel, que se cruza con todas as outras en dúas estacións, a megafonía indica aos usuarios o sentido en que viaxa o tren, utilizando voces masculinas cando avanzan no sentido das agullas do reloxo, e voces femininas cando se dirixe en sentido contrario. Así, nas liñas radiais, empréganse voces masculinas cando os trens se acercan ao centro da cidade, e voces femininas cando se afastan.

BERJAYA
Antiga ficha de 1955 do metro de Moscova, válida para unha viaxe.

A primeira liña foi aberta o 15 de maio de 1935 entre Sokol'niki e Park Kul'tury, cun ramal cara Smolenskaya que foi ampliado até Kievskaya en abril de 1937 (cruzando o río Moscova sobre unha ponte). Dúas liñas máis foron logo abertas antes da segunda guerra mundial. En marzo de 1938 a liña de Arbatskaya foi ampliada até a estación de Kurskaya (hoxe Arbatsko-Pokrovskaya). En setembro de 1938 abriuse a liña Gorkovsko-Zamoskvoretskaya, entre Sokol e Teatral'naya.

Os proxectos da terceira etapa do Metro de Moscova foron atrasados durante a segunda guerra mundial. Dúas seccións do metro foron postas en servizo: Teatralnaya - Avtozavodskaya (3 estacións, cruzando o río Moscova nun túnel profundo) e Kurskaya - Izmaylovskiy Park (4 estacións).

Despois da guerra iniciouse a construción da cuarta etapa do metro, que incluía a liña Kol'tsevaya e a parte profunda da liña Arbatsko-Pokrovskaya desde Pl. Revolyutsii até Kievskaya.

As razóns da construción da sección profunda da estación Arbatskaya radica no inicio da guerra fría. Son profundas e están ideadas para esconder xente no caso dunha guerra nuclear. Despois da finalización da liña en 1953.

Arquitectura

[editar | editar a fonte]

Durante os anos 60 a arquitectura das estacións variou seriamente e algunhas estacións como VDNKh e Alekseevskaya inauguráronse con maior simplicidade que o planeada orixinalmente.

#NomeInauguraciónLonxitudeTempo de viaxe
BERJAYA Sokolnicheskaya (Сокольническая) 193544.1 km67 min
BERJAYA Zamoskvoretskaya (Замоскворецкая) 193832.2 km52 min
BERJAYA Arbatsko-Pokrovskaya (Арбатско-Покровская) 193845.1 km65 min
BERJAYA Filovskaya (Филёвская) 195814.9 km14-20 min
BERJAYA Koltsevaya (Кольцевая) 195019.4 km28 min
BERJAYA Kaluzhsko-Rizhskaya (Калужско-Рижская) 195837.8 km56 min
BERJAYA Tagansko-Krasnopresnenskaya (Таганско-Краснопресненская) 196642.2 km59 min
BERJAYA Kalininskaya (Калининская) 197916.3 km21 min
BERJAYA Solntsevskaya (Солнцевская) 201430.9 km44 min
BERJAYA Serpujovsko-Timiriazevskaya (Серпуховско-Тимирязевская) 198341.5 km58 min
BERJAYA Liublinsko-Dmitrovskaya (Люблинско-Дмитровская) 199543.9 km68 min
BERJAYA Bolshaya Koltsevaya (Большая Кольцевая) 199557.5  km (+ 5.0  km)87.5 min
BERJAYA Butovskaya (Бутовская) 200310.0 km16 min
BERJAYA Butovskaya (Монорельс) 20044.7 km7 min
BERJAYA Butovskaya (Московское Центральное Кольцо) 201654.0 km88 min
BERJAYA Nekrasovskaya (Некрасовская) 201919.6 km20 min
BERJAYA Troitskaya (Троицкая) 202410.0 km16 min
  1. Urbanrail.net (ed.). "Páxina de Metro Moscova" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2009. Consultado o 05 de febreiro de 2009.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]