close
Saltar ao contido

Mastite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Mamite»)
Mastite
Aviso médico.
Aviso médico.
Atención! Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, consúltello ao médico.
Imaxe
 Instancia de
 Aspecto de
Características
 Especialidade médica
 Fármacos para tratamento
Códigos e identificadores
Freebase/m/023vvb Editar o valor en Wikidata
MeSHD008413 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC53662 Editar o valor en Wikidata
DiseasesDB7861 Editar o valor en Wikidata
CIE-11259204343 Editar o valor en Wikidata
MedlinePlus001490 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2776344049 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

A mastite[1] ou mamite[2] é un termo médico que se refire á inflamación da glándula mamaria de primates e a ubre noutros mamíferos. Dáse por unha obstrución dos condutos do leite. A mastite pode ser chamado tamén absceso subareolar, ectasia ductal, inflamación periductal ou doenza de Zuska.[3] Denomínase mastite puerperal cando ocorre en nais lactantes e non-puerperal no resto dos casos. A mastite raramente ocorre en homes ou animais machos. Pola súa similitude cos síntomas do cancro de mama, débese excluír un para o diagnóstico do outro.

A mastite é unha condición adoita en medicina veterinario, tomando nese campo, unha definición similar. Xeralmente afecta o gando bovino, causado por unha bacteria, endurecendo as mamilas do animal, do mesmo xeito que a ubre, cortando a subministración de leite e no seu lugar segregando un líquido amarelado e oloroso que a maioría das veces acompáñase de residuos de sangue. É quen de provocar a morte en casos moi severos.

Os microorganismos máis frecuentemente asociados a unha mastite son os estreptococos do grupo B, o Staphylococcus aureus e especies non tuberculosas do xénero Mycobacterium en humanos e o Arcanobacterium pyogenes que produce unha mastite bovina transmitida por moscas.

Epidemioloxía

[editar | editar a fonte]

A mastite ocorre entre o 1 e o 3 % das mulleres que aleitan ós seus fillos.[4]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mastite.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mamite.
  3. Trigos Micoló Ignacio, Herrán Motta Fanny Stella, Curiel Valdés José de J. ¿Qué es la enfermedad de Zuska? Cir Plast 2000; 10(2) : 60-64
  4. Harrison Principios de Medicina Interna 16a edición. "Capítulo 120. Infecciones estafilocócicas". McGraw-Hill. Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2009. Consultado o 27 de abril de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]