Lsjbot é un programa de creación automatizada de artigos da Wikipedia desenvolvido por Sverker Johansson para a Wikipedia en sueco. O bot céntrase principalmente en artigos sobre organismos vivos e entidades xeográficas (como ríos, encoros e montañas).
Segundo a súa páxina de descrición na Wikipedia en sueco, Lsjbot estivo activo na Wikipedia en sueco e na Wikipedia en waray-waray e está activa na Wikipedia en cebuano, onde creou a maioría dos artigos da Wikipedia nesas linguas[1] (entre o 80% e o 99% do total).[2]
Durante 2020, Lsjbot só realizou o mantemento da Wikipedia en cebuano, sen que se realicen proxectos importantes de creación de artigos.[3]
O programa foi responsable de 2,7 millóns de artigos dende 2014 (a un ritmo de 10.000 artigos por día),[4] e 9,5 millóns de artigos en xaneiro de 2019 (a un ritmo de 4.000 por día),[2] dos cales dous terzos son da Wikipedia en cebuano (a lingua nai da muller de Johansson); o outro terzo na Wikipedia en sueco.
O 15 de xuño de 2013, a Wikipedia en sueco alcanzou o millón de artigos, a oitava lingua da Wikipedia en alcanzar ese obxectivo. O artigo millonario foi creado por Lsjbot, que nese momento creara 454.000 artigos, case a metade de todo o número de artigos da Wikipedia sueca.[5] Lsjbot tamén foi o responsable de axudar á Wikipedia sueca a converterse na segunda edición da Wikipedia en chegar aos 2 millóns de artigos, que en 2024 é a meirande edición da Wikipedia, por detrás do inglés, o cebuano, o alemán e o francés.
En febreiro de 2020, Vice informou de que Lsjbot foi responsable de máis de 24 millóns de 29,5 millóns de edicións na Wikipedia en cebuano, daquela a segunda máis grande Wikipedia,[6] e ningún editor humano entre os 10 principais. Porén, Lsjbot xa non está a crear novos artigos nas Wikipedias sueca e waray-waray. Sverker Johansson explicou que "as opinións cambiaron" dentro da comunidade da Wikipedia en sueco e os editores de waray-waray non foron quen de formar un consenso sobre a creación automática de artigos.