close
Saltar ao contido

Lingua alsaciana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua alsaciana
Elsässisch Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
Elsässisch (gsw-fr)  
Elsässerditsch (gsw-fr)   Editar o valor en Wikidata
 Subclase de
 Parte de
Características
 Alfabeto
 Tipoloxía lingüística
 Dialecto de
Clasificación lingüística
Cifras e dimensións
 Número de falantes
   1.500.000 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/0l2r0 Editar o valor en Wikidata
IETFgsw-FR Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons
BERJAYA
Inscrición en alsaciano nunha xanela da localidade de Eguisheim:
Dis Hausz sted in Godes Hand - God bewar es vor Feyru
("Esta casa está en mans de Deus - Que Deus a protexa do lume")

O alsaciano (en francés: alsacien, en inglés: alsatian, en castelán: alsaciano, en alemán: Elsässerdeutsch e en alsaciano: Elsässisch) é un conxunto de variantes de baixo alemánico e alto alemánico que se falan dende o leste da cordilleira dos Vosgos e o río Rin, principalmente na rexión de Alsacia.

Xeografía e uso

[editar | editar a fonte]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A partir do século XX, o uso do alsaciano entra en retroceso como resultado das políticas de uso do francés, dentro do contexto das dúas guerras mundiais, e aínda que hoxe en día é empregado pola poboación de maior idade e no mundo rural. Nas cidades o seu uso é moito menor.

O alsaciano, considerado polo 95% dos alsacianos como a lingua rexional contra a un 1% que pensa que é o alemán (sondaxe de Dernières Nouvelles d'Alsace, DNA, 22 de setembro 1999), pode no entanto ser ensinado nas gardarías e na escola primaria, pero permanece aínda como unha lingua maioritariamente de uso familiar.

Lingüística

[editar | editar a fonte]

Ortografía e fonética

[editar | editar a fonte]

Con Orthal (xurdiu no 2003 co nome Graphal) inténtase unificar todos os dialectos alsacianos para ter unha forma normativa na escrita. Como todos os dialectos alemánicos, non dispón dunhas regras de ortografía inamovibles e a fonética pode variar dunha vila a outra.

Lexicoloxía

[editar | editar a fonte]

O seu léxico caracterízase por preservar arcaísmos do alto alemán e unha permeabilidade constante ao francés.

GalegoAlsacianoAlemán
terraArdaErde
ceoHimmelHimmel
augaWasserWasser
lumeFirFeuer
homeMannMann
mullerFreuFrau
comeressaessen
bebertrinkatrinken
grandegrossgross
pequenokleinklein
noiteNachtNacht
díaDâaTag

O primeiro rexistro en alemánico antigo na Alsacia atópase nos Xuramentos de Estrasburgo do 842.

Disputas franco-xermanas: 1648-1945

[editar | editar a fonte]

A partir de 1648, coa asimilación progresiva de Alsacia ao reino de Francia e o resultante nacemento da rivalidade franco-xermana, o uso do alsaciano vese afectado as decisións políticas da administración de quenda que competirán en radicalidade pola instrución dos habitantes da rexión ao uso da lingua oficial, en detrimento todo iso do local.

É o caso do uso oficial exclusivo do alemán académico, no período de 1871 a 1919 e especialmente, o de asimilación ao III Reich de 1940 a 1945 que chega a prohibir o uso de palabras de orixe francesa ao falar en alsaciano.

Á súa vez, as administracións francesas que impulsaron o uso da lingua de Molière até a anexión de 1871, renovárono con particular énfase desde 1919, chegando os seus partidarios máis intransixentes a considerar o alsaciano como unha lingua anti-patriótica.

Dende 1945 e Unión Europea

[editar | editar a fonte]

Desde a década de 1960, no contexto da reconciliación franco-alemá, a recuperación do uso da lingua alsaciana até entón en retroceso, foi o obxecto de interese da cultura alsaciana, co rexurdimento das representacións teatrais en alsaciano, o uso na televisión local ou o seu emprego por figuras relevantes da cultura alsaciana.

Con todo, no nivel da administración do Estado francés séguese favorecendo o ensino da lingua alemá, impulsado dende 1992, con clases bilingües paritarias de francés e alemán en secundaria, e permitindo o acceso aos estudos superiores en universidades dos dous países a través do Abibac, mestura de Abitur alemán e do Baccalauréat francés.

Cultura en alsaciano

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]