O filme narra a violenta estancia dun grupo de gánsteres retidos nun hotel da costa de Florida por unha forte tormenta. Alí o "rei dos gánsters", Johnny Rocco (Edward G. Robinson), agóchase facéndose o amo do lugar e retendo a punta de pistola a Nora Amorne (Lauren Bacall), dona do hotel, ao seu sogro inválido (Lionel Barrymore) e ao veterano de guerra Frank McCloud (Humphrey Bogart). Con Rocco, está a súa noiva (Claire Trevor), que é unha cantante en época de decadencia.
McCloud é o único home capaz de facer fronte ao belixerante Rocco. Pero a realidade do mundo despois da guerra fixo que o desilusionado ex-oficial do exército perdese as ganas de loitar.
O American Film Institute nomeou no ano 2003 ao personaxe de Johnny Rocco para a lista 100 anos de AFI... 100 heroes e viláns,[2] e en 2008 á película ao AFI's 10 Top 10 na categoría de "películas de gánsteres".[3]